domingo, 21 de marzo de 2010

Jose Cuba e Nicolás Castro no vídeo promocional do deporte galego

A Secretaría Xeral para o Deporte inclúe aos loitadores vilalbeses Nicolás Castro e José Cuba no vídeo promocional do deporte galego para incentivar o patrocinio dos nosos deportistas.
Se desexas ollar os vídeos podes facelo na páxina web da Secretaría Xeral para o deporte www.deportegalego.es
Tamén podes ollalos copiando os seguintes enlaces e pegándoos na barra de tarefas do explorador
VIDEO CURTO:
http://deportegalego.es/popcExtrasFlash.php?url=http://deportegalego.es/videos/SpotDeporteDavidCal.flv
VIDEO LONGO:
http://deportegalego.es/popcExtrasFlash.php?url=http://deportegalego.es/videos/deporte_540x300.flv
Esperemos que algún patrocinador se anime a axudar aos nosos deportistas. Boa sorte.

CUBA 2º NO TORNEO INTERNACIONAL NIKOLAKION DE CHIPRE

O vilalbés José Cuba rematou hoxe a súa participación no Internacional Nikolakion de Chipre cunha merecida prata tras caer na final co representante grego Arzoumanidis. O vilalbés chegou a final tras vencer ao chipriota Theocharous Theocharis.
O balear Francisco Sánchez acadou o ouro na categoría de menos de 55 kg e o seu irmán Agustín o bronce en menos de 60kg, así a selección española rematou a súa participación en Chipre con 3 medallas.
Todos os deportistas da selección entre os que se inclúe Cuba, viaxarán hoxe a Hungría onde participarán nunha concentración preparatoria para o Campionato de Europa que terá lugar a mediados de Abril en Acerbaijan.

luns, 8 de marzo de 2010

O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE HOMENAXEA AO VILALBÉS NICOLÁS CASTRO

José Ramón Lete homenaxeou a Nicolás Castro pola súa retirada "por seres un exemplo para os demais" tal e como afirmou o propio secretario xeral na recepción á selección galega que tivo lugar no CGTD de Pontevedra.

José Ramón Lete Lasa destacou o nivel e a traxectoria mantida nas últimas décadas pola loita galega que é unha referencia nacional como demostrou no último Campionato de España, no que logrou o título por autonomías.

No Campionato de España de loitas olímpicas na categoría de loita libre disputado en Barcelona a selección galega obtivo un bo botín de medallas e trofeos, encabezando os resultados José Cuba Vázquez do Club de Loita Vilalba, medalla de ouro na categoría de 120 kg. Eliseo Permuy Soto, do club de loita Keltoi de Vila de Cruces, acadou o segundo posto na categoría de 60 kg, e as medallas de bronce corresponderon a Miguel Caramés Vila, na categoría de 55 kg, e Luis Miguel Garnil Rielo en menos de 74 kg, ambos do club de loita Keltoi de Vila de Cruces e Jose Luis Puentes Seoane do club de loita Vilalba, na categoría de menos de 84kg. Destacar o séptimo posto que acadou a Federación Galega no Campionato por Autonomías.

Por outra banda destacar a medalla de prata acadada por Ramón García Sueiro do club Keltoi de Vila de Cruces, na categoría de Loita Grecorromana en menos de 84 kg.

A recepción tamén serviu como homenaxe a Nicolás Castro, actual director técnico da Federación, e que anunciou en Barcelona a súa retirada logo dunha traxectoria de máis de década e media na elite.

“No momento da retirada quero destacar os valores de Nicolás Castro que reflicte perfectamente o que ten que ser un deportista”, manifestou José Ramón Lete antes de entregarlle un recordo porque “é un exemplo de deportistas feito no Centro de Tecnificación. Non soamente foi o seu referente deportivo. Senón o seu líder na maior expresión da palabra. Ten un currículo excelente. É posible que gañou máis cousas das que pensaba cando empezaba neste deporte, pero sobre todo gañouse o respecto dos demais polo seu xeito de ser, pola súa superación, pola súa actitude como deportista”.

Nicolás tamén será homenaxeado polos seus compañeiros do Club de Loita Vilalba.


Fuente: www.deportegalego.es

martes, 2 de marzo de 2010

Jose Cuba 1º e Jose Luis Puentes 3º no Campionato de España Senior de Loitas Olímpicas

Importantísima actuación dos vilalbeses no Campioanato de España Senior que tivo lugar esta fin de semana en Barcelona e no que contribuíron notablemente ao 1º posto acadado por Galicia na clasificación por autonomías.
Temos que destacar o bronce de Jose Luis Puentes en menos de 84 kg que con tan só 21 anos consigue subirse ao podio da categoría absoluta dando constancia dun futuro prometedor, así o expresou o actual seleccionador Vicente Cáceres que desexa contar co xove vilalbés de cara a participar coa selección española nalgunhas citas internacionais.
O outro loitador de Vilalba foi Jose Cuba en menos de 120 kg que obtivo o único Ouro para a delegación galega e suma así 9 titulos de Campión de España Senior, achegándose ao record que ostenta o tamén vilalbés Nicolás Castro que precisamente foi homenaxeado polo Presidente da federación española D.Ángel López Rojo tralo recente anuncio da súa retirada.
Outros deportistas galegos tamén subiron ao podio destacando o 3º posto de Miguel Caramés en menos de 55 kg, a prata de Eliseo Permuy en menos de 60 kg ou o bronce de Luis Garnil en menos de 74 kg, todos eles do Club de Loita Keltoi que xunto co Club de Loita Vilalba conseguiron meterse entre os 8 primeiros clubes de España
Dende o Club de Loita Vilalba comezamos xa a preparar a participación de José Cuba no próximo torneo internacional de Lanarka (Chipre) preparatorio para o Europeo que terá lugar a mediados de Abril en Bakú (Azerbaijan), e no que é posible que tamén participe Jose Luís Puentes.
Noraboa a todos.