luns, 28 de xuño de 2010

REMATA A CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS DE VILALBA

Esta semana rematou a concentración internacional de loitas olímpicas en Vilalba na que participaron como convidados o actual seleccionador galego Alexander Katchalaev e o loitador ucraniano Sergei Pryadun xunto con todos aqueles loitadores galegos que desexasen adestrar con Nós nestes 15 días.
O Concello de Vilalba e a Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo a través de axudas específicas para a realización destas actividades, fixeron posíbel a convivencia dos loitadores galegos con este deportista de tan alto nivel e o recoñecido adestrador ruso.
Katchalaev é un adestrador de fama internacional, seleccionador da antiga URSS durante os seus anos dourados foi o responsable da organización dos deportes de combate nos Xogos Olímpicos de Moscú de 1980 e conta, entre os seus alumnos, con campións olímpicos e do mundo. A súa intervención foi fundamental para levar a cabo a contratación de Pryadun e poder contar con el nestas xornadas tan importantes para a preparación dos nosos deportistas. Especialmente de José Cuba que está a ultimar a súa preparación para o próximo campionato do mundo que terá lugar en Moscova a comezos de Setembro.
Pryadun regresou a Ukrania este Domingo para participar no campionato nacional de Ucrania, proba que lle valerá de clasificación para o mundial . Esperamos que a súa estancia en Vilalba tamén lle valese de preparación e estea en Moscova onde medirase de novo co noso deportista e se pode ser, na final…..Xa se verá!.
Pola súa banda, Cuba ultima a súa preparación para os próximos torneos internacionais. A mediados de Xullo o Grande Premio de España, á seguinte semana o Final Golden Grand Prix de Acerbaián, e xa en Agosto a derradeira proba denantes do mundial será o Internacional Ziolkowski de Polonia.

martes, 22 de xuño de 2010

LISTADO PROVISIONAL DE AXUDAS AOS DGAN

No seguinte enlace podedes acceder ao listado provisional de admitidos, pendentes de subsanación de erros e excluídos da CONVOCATORIA DO PROGRAMA ESPECÍFICO DE AXUDAS
2009 PARA DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL.:

deportegalego.es/index.php?idMenu=67&int1=652&idIdioma=2

Recordade que tedes ata o Venres 2 de Xullo para subsanar os erros que correspondan e sempre no rexistro da Fundación Deporte Galego no Multiusos de San Lázaro en Compostela.

luns, 14 de xuño de 2010

LOITA NA PRAIA

Éxito do loitador LUIS MIGUEL GARNIL RIELO, no torneo internacional “COUPE RÁPHAEL MARTINETTI” de Suiza

Información remitida pola FGLeDA:: O loitador Galego Luís Garnil, pertencente o Club de loita Keltoi de Vila de Cruces, ven de participar coa Selección Nacional Júnior no campionato internacional “Coupe Ráphael Martinetti”, celebrado este sábado 12 de Xuño en Martigny (Suiza), na categoría de Loita Libre Olímpica en menos de 74 kg.
O seu destino fixo que se cruzara no primeiro combate de esta proba co representante Austríaco por 2:0 no primeiro período e 3:0 no segundo período. Tras superar este enfrontamento, en segunda rolda, xogouse o pase a final enfrontándose o representante Australiano, o que non lle fixo ningún tipo de concesión e venceu por tocado no primeiro período, e valeulle o pase a final.
Luis Garnil disputou a final fronte o representante Albano, cedendo no primeiro asalto por un mais que axustado 1:0, e no segundo asalto un erro táctico desencadeou un rotundo 7:0, que a postre sería definitivo, deixando escapar a medalla de ouro, e téndose que conformar coa prata que pode abrirlle o camiño de cara o Europeo ou o Mundial.
Os resultados da selección Española Júnior participantes neste torneo foi mais que discreto, o único resultado salientable foi o 1º posto de Antonio Rodríguez (Comunidade Murciana).

luns, 7 de xuño de 2010

JOSE CUBA CONSEGUE O BRONCE EN DORTMUND

O Vilalbés José Cuba rematou coa presea de bronce a súa participación no Grand Prix der Bundesrepublik Deustchland que tivo lugar na cidade xermana de Dortmud.
O polaco Kordus Arkadiusz foi quen cortou o ascenso do vilalbés ata a final ao eliminalo en dous asaltos que tiveron que chegar ao clinch (desempate). Xa na repesca Cuba tiña a posibilidade de acadar o bronce pero precisaba gañar ante o representante alemán Brosowski Jens, e nun combate de dous asaltos o noso deportista impúxose cun 1-1 e un 3-0 que lle serviu para non marchar de baleiro. A final foi o húngaro Ligeti Daniel quen se impuxo na categoría, a prata foi para o representante polaco e os bronces foron para o noso e máis para o representante mexicano Jose Ruiz Flores.
O balear Francisco Sánchez tamén acadou o Bronce na categoría de menos de 55 kg sendo o segundo e derradeiro metal para a selección española . O resto do equipo, a pesares de teren unha boa actuación caeron eliminados nas roldas iniciais e sen posibilidade de repesca.
Desde o Club de Loita Vilalba valoramos positivamente a participación de Cuba en Dortmund pois axústase á consecución dos obxectivos plantexados ao inicio da tempada, agás no europeo de Bakú aló por Abril e Makhaskala en Xaneiro, Cuba acadou o podio en todas as competicións internacionais das que tomou parte nesta tempada. Esperemos que esta progresión continúe ate o mundial do 2011, primeira proba clasificatoria para Londres 2012.
Cuba permanecerá en Alemaña ate o día 12 participando nunha concentración internacional preparatoria para o mundial de Setembro. O día 14 regresará a Vilalba onde lle agarda o loitador ukraniano Sergei Priadum, varias veces finalista de europeos e mundiais e 1º no campionato do mundo militar. O deportista ukraniano será contratado como sparring polo Club de Loita Vilalba grazas ao convenio subscrito coa Deputación de Lugo para o desenrolo e preparación dos loitadores lucenses que se atopan no alto rendemento, e permanecerá en Vilalba ate o próximo día 9 de Xullo, data en que José viaxará ao Gran Premio de España en Madrid para enfrontarse a algúns dos mellores loitadores do momento.
Información oficial sobre o torneo en:
http://www.fila-wrestling.com/images/documents/annonces/resultats/2010_06/results_gpdortmund.pdf

Páxinas web relacionadas co evento:




sábado, 5 de xuño de 2010

XORNADA DE PESAXE PARA CUBA NO GRAND PRIX DER BUNDESREPUBLIK DEUSTSCHLAND

O Vilalbés José Cuba participará hoxe na xornada de pesaxe previa á competición do internacional xermano. Cuba que participa na categoría de menos de 120 kg, non poderá superar este peso como requisito previo para tomar parte no torneo.
O balear Francisco Sánchez e o murciano Alberto Martínez pasan hoxe a pesaxe nas categorías de menos de 55 kg e menos de 74 kg respectivamente.
O resto do equipo español de loita libre xa se pesaron onte e hoxe comezan a loitar. Agustín Sánchez en menos de 60 kg, Fernando Pérez en menos de 66 kg e Boris Andonov en menos de 84 kg tentarán subir hoxe ao máis alto da peana.
Desexámoslles a todos unha boa xornada de competición.
Manterémosvos informados.