xoves, 27 de maio de 2010

ATA SEMPRE E BOA SORTE EMILOV Дори винаги Добра съдба ЕМИЛОВ

Dende o Club de Loitas Olímpicas Vilalba queremos facer esta pequena homenaxe a Staminir, Emil, Kadrín e Mihail; os irmás Emilov. Coñecían a loita dende nenos pois en Bulgaria, a súa país de orixe, case que é o deporte nacional aínda que foi en Vilalba onde a practicaron por vez primeira.
O primeiro en vir ao club foi Kadrín, enterouse polo "Iko" de que había este deporte en Vilalba e non o dubidou un chisco pois coñeceía a fama dos loitadores do seu país. Ao día seguinte xa estaban todos os irmáns adestrando, ata tentouno seu pai pois xa loitara de mozo no servizo militar.
Costounos moito facerlles entender que non podían vir a adestrar todos os días xa que este é un privilexio que se lle concede aos deportistas que levan anos adestrando e competindo, aínda así cada día presentábanse no auditorio ás oito en punto coa roupa e decididos a adestrar. Foron quen de facernos quebralas regras e á segunda semana xa estaban adestrando diáriamente, cremos que viron na loita unha saída a algo.
A súa progresión deportiva foi abraiante, acadaron os primeiros postos nos campionatos galegos das súas categorías e Emil incluso chegou ao bronce no campionato de España escolar. Pero o que máis nos enche foi a súa evolución como persoas, a súa adecuación ás nosas costumes e normas que tantos quebradeiros de cabeza lles deu ao principio.
Agora marcharon para Bulgaria, a súa patria, pero creo que cun certo sentimento do que deixa a súa terra;".... sabes...qué voi faser Yo en Bulgaria? sabes... esto mejor aquí..." dixo Kadrín coa súa mesterua galego-búlgaro-castelán denantes de partir.
Estou seguro que agora en terras tracias non se sinten como o retornado que volve sen atopar o que buscaba, pois son moitas as cousas que levan de eiquí e moitas as que deixan.
Desexámoslles que teñan moita sorte pois esprito pra triunfar non lles falta.
Дори винаги Добра съдба ЕМИЛОВ.
Os vosos amigos de Vilalba

luns, 24 de maio de 2010

JOSE CUBA CONVOCADO COA SELECIÓN ESPAÑOLA PARA O GRAND PRIX DEUSTCHLAND

O Vilalbés José Cuba participará xunto co resto da seleción española no internacional alemán que terá lugar do 4 ao 6 de Xuño en Dormund. Este torneo atópase no calendario oficial da FILA, polo que esperamos que o noso deportista atope uns opoñentes moi interesantes á hora de valorar a súa preparación de cara ao próximo mundial.
Tralo campionato, Cuba permanecerá concentrado en Alemania ata o día 12 de Xuño, data en que regresará a Vilalba para continuar coa súa preparación.
Podedes obter máis información sobre este evento na páxina oficial da FILA:
www.fila-wrestling.com

CONVOCATORIA OFICIAL REMITIDA POLA FELODA:

FASE FINAL DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS

Este Sábado 22 de Maio tivo lugar a fase final da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas da Secretaría Xeral para o Deporte no pavillón municipal do Restollal de Compostela e na que participaron preto de 250 loitadores de 13 clubs galegos.
A provincia de Lugo estivo representada polas escolas deportivas municipais de Vilalba e o Coliseum de Rábade que remataron en 2º e 9º posto respectivamente.
O vencedor da liga foi a Escola Ayude de Melide cunha puntuación final de 709 puntos presentando o equipo máis numeroso de toda a competición. Vilalba con tan só 12 deportistas chegou aos 494 puntos seguido do Kuzushi de Vigo que con 16 deportistas rematou con 488 puntos.
O Coliseum de Rábade tivo unha participación moi salientable, pois cunha xornada menos e un equipo de 14 deportistas clasificouse no 9º posto con 291 puntos, mostra do bo traballo que está a levar a cabo Marcos Carral.
A composición do equipo vilalbés foi a seguinte:
FERMÍN SANZ CENDÁN
RAUL SANZ CENDÁN
ANGEL GARCÍA YAÑEZ
ALEJANDRO GAUTHIER SAMPAYO
ANDRÉS VILLARES VÁZQUEZ
BRAIS ARIAS APENELA
MARCOS VILLARES VÁZQUEZ
RUÁN VICTOR PINHEIRO
BORJA REY DOPICO
ANGEL ÁLVAREZ REY
LAURA VILLARES VÁZQUEZ
GABRIELA SHAENE PINHEIRO