xoves, 30 de decembro de 2010

OS PRINCIPAIS XORNAIS DE ACERBAIJÁN RECOLLEN A PARTICIPACIÓN DE ALEXIS RODRIGUEZ NO NACIONAL ACERBAIJANO

Esta é a noticia orixinal que resaltaba o xornal News.Az sobre a participación do noso amigo o cubano Alexis Rodriguez no campionato nacional de Acerbaiján. Recordar que Alexis Rodriguez fixo a pretemporada e a preparación para este campionato en Vilalba, onde estivo a piques de instalarse para adestrar e volver a competición ao máis alto nivel pero esta vez coa nacionalidade Acerbaijana.. Os mesmos medios recolleron hai uns días o 2º posto acadado por Alexis no campionato, un segundo posto que o deixa fora, de momento, do primeiro equipo nacional aínda que algunhas fontes confirmáronnos que os seleccionadores acerbaijanos contan con convocalo para moitos dos internacionais pois son conscientes da dificultade de volver ao alto rendemento despois de 3 anos e inactividade.

Esta é a noticia orxinal: 

Cuban wrestler to compete for Azerbaijani national team

Wed 22 December 2010 09:38 GMT | 10:38 Local Time
Text size: bigger smaller
41877
Cuban wrestler Alexis Rodriguez (120 kg) will compete under the flag of Azerbaijan.
The statement came at today's news conference at the building of the Wrestling Federation and devoted to the outcomes of the year.
Rodriguez will compete at the Azerbaijani Cup which will start on December 24.

Elmir Aliyev

News.Az




Para ver outras noticias relacionadas neste xornal preme nos seguintes enlaces:
Alexis Rodriguez competirá no nacional acerbaijano 
Principais resultados do nacional acerbaijano

xoves, 23 de decembro de 2010

XORNADAS DE CONVIVENCIA DEPORTIVA DO CLUB DE LOITA RÁBADE

Os deportistas escolares do Club de Loitas Olímpicas Vilalba remataron os adestramentos ata despois das festas do Nadal coa participación na 1ª xornada deportiva de convivencia organizada polos amigos do Club de Loita Rábade.Esta actividade que foi organizada polo club rabadense e subvencionada pola Deputación de Lugo constou de varias xornadas nas que varios clubs lucenses e galegos poideron xuntarse para facer adestramentos e xogos deportivos en común a xeito de promocionar o deporte e facer máis chamativa a súa práctica para os nosos deportistas.


Ao remate da actividade os nosos loitadores foron convidados á merenda e obsequiados cunha camisola conmemorativa.
Dado o éxito da actividade, varios clubs galegos no que se inclúe o noso amosaron o súa intención de reproducir este tipo de actividades de cara á próxima tempada.
 actividade, varios clubs galegos no que se inclúe o noso amosaron o súa intención de reproducir este tipo de actividades de cara á próxima tempada.

xoves, 9 de decembro de 2010

VILALBA REMATA EN 4ª POSICION NA LIGA NACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS DE DIVISIÓN DE HONRA

Crónica de Nicolás Castro (Técnico responsable do equipo durante a competición)
O Club de Loitas Olímpicas Vilalba acadau finalmente o cuarto posto na Liga Nacional de Clubes que se celebrou o pasado sábado no pavillón municipal de Albolote (Granada).

Despois de de comezar o día gañando todo os enfrontamentos e clasificándonos primeiros do noso grupo, pola tarde non fomos quén de continuar co nivel exhibido pola mañá e unha derrota fronte o Club Car de Murcia (6 a 4) e un empate ante o Quart de Poblet valenciano acabaron por colocarnos nesta posición.
Aínda así as sensación da expedición son contradictorias:
Por unha banda hai unha sensación de tristeza polo resultado final e alimentado polo espirito de superación dos deportistas.
E unha sensación de fachenda porque o resultado foi froito dun esforzo moi grande por parte de todos e cada un dos nós.
O Club de Loitas Olímpicas Vilalba acudiu a Granada cun equipo formado por rapaces vilalbeses e en cadro polas lesión de última hora de tres dos seus deportistas, que nos obligou a comezar cada encontro con dúas derrotas ao non poder completar todo os pesos. Así a categoría de menos de 62 kg quedaría vacante pola nosa parte nas dúas modalidades e en cada enfrontamento que tivéramos. Esto obligou aos nosos deportistas a facer un esforzo extra para poder completar o resto dos pesos, dobrando e participando nas dúas disciplinas olímpicas que conforman a competición; libre olímpica e grecorromana.
Os enfrontamentos completábanse ao mellor de dez combates repartidos en cinco pesos das dúas modalidades olímpicas, menos de 62 kg, menos de 70 kg, menos de 80, menos de 90 kg e máis de 90 kgs.
Os equipos inscritos podían participar ata con 20 deportistas e despois ir seleccionando aos seus representantes en cada enfrontamento, peso e modalidade. Ademais os equipos podían inscribir a loitadores extranxeiros e ata de outros clubes como deportistas de apoio.
No noso caso baixamos a Granada con sete deportistas (Pablo García, Alejandro Silva, Pablo Pintos, Marcos Carral, Marcos Miragaya, Jose Luis Puentes e José Cuba) e un adestrador (Nicolás Castro). Esto obligounos a participar sen descanso e dobrando en pesos e modalidades para poder afrontar a competición.
Comezamos os enfrontamentos ante o equipo anfitrión, Club de Loita Maracena, ao que gañamos por 8 a 2 perdendo somentes no peso que non completabamos.
Despois loitamos contra o Club de Loita Quart de Poblet ao que gañamos 6 a 4 e que nos clasificaou para semifinales como primeiros de grupo.
A semifinal que comezou pola tarde enfrentounos ao Club Car de Murcia e mailo grande esforzo dos rapaces, rematamos a contenda cun resultado adverso de 4 a 6 que nos levou a loitar pola terceira posición repetindo ante o Quart de Poblet co resultado final de empate a 5 e que nos colocaría na cuarta posición pola diferencia de puntos técnicos froito do handicap que supón a ausencia dun peso.
Por qué estamos fachendosos do resultado? porque aínda que unha vez rematada a competición coido que o nivel dos nosos deportistas e polo tanto do noso traballo é máis alto do resultado final colleitado, os medios dos que dispuxemos son moi inferiores aos de todosl os equipos que se clasificaron para esta competición tan selectiva. Acadamos este resultado tras o esforzo dos deportistas que loitaron en L.O. e Greco á vez. Loitaron no seu peso e na categoría superior, enfrontándose aos mellores especialistas nacionais e extranxeiros aos que gañaron na maiora das veces sendo o cansanzo o que finalmente fixo meia neles. E pese a sermos o club máis pequeno, os nosos loitadores foron os que máis combates fixeron e aínda que non todas foron victorias, nunca perdemos a cara da competición.
Dende aqui soamente me queda agradecer o traballo dos rapaces e do técnico do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Iván Castro, porque a súa xenerosidade co esforzo fanme creer que este resultado, obxectivamente tan bo, vai a ser mellorado sen dúbida. E creo tamén que este equipo é un exemplo de superación e de valores. Así que MOITAS GRAZAS, RAPACES.
Nicolás Castro

venres, 3 de decembro de 2010

O EQUIPO DO CLUB DE LOITA VILALBA NA LIGA NACIONAL DE DIVISIÓN DE HONRA

Na madrugada de hoxe os loitadores do club Vilalba saíron cara Granada, onde disputarán a Liga Nacional de División de Honra de Loitas Olímpicas entre os 6 mellores clubs do estado.
Vilalba enfrontarase no seu grupo ao equipo de Maracena-Granada e ao Quart de Poblet. O mellor deste grupo pasará ás seminifinais onde se atopará co mellor de entre o San Adriá de Barcelona, o Centro de Alto Rendemento de Murcia e o Milu de Sevilla.
O equipo de Vilalba viaxa con importantes baixas debido as lesíóns de última hora nalgúns dos seus deportistas, así Mihail Emilov e José Francisco Bermúdez "Iko" non viaxarán a Granada deixándonos sen representación na categoría de menos de 62 kg tanto en Libre Olímpica como en Grecorromana e en menos de 74 kg en Libre Olímpica.
O diagnóstico das lesión coñecímolo esta mesma semana estando xa fora do prazo para poder inscribir dous loitadores de reserva, o que nos deixa sen marxe para o erro nas diferentes disputas ao partires en cada enfrontamento coas 3 derrotas das categorías nas que nos quedamos sen representación ( menos de 62kg LO e GR e menos de 74 LO).
Cada enfrontamento constará de 10 combates (5 de LO e 5 de Grecorromana) e durante a competición poderase disfrutar da actuación dos mellores loitadores que se atopan no estado, con grande representación de loitadores estranxeiros de moitísimo nivel.
Para completar a modalidade de Grecorromana contamos coa axuda de dous novísimos deportistas; Pablo García do Saudade de Vigo e Alejandro Silva do Santa Uxía, sendo o equipo máis pequeno e o que menos reforzos e fichaxes presenta de todo o campionato. Os nosos deportistas terán que superar a equipos de ata 20 loitadores nos que destacan rusos, armenios, georgianos, búlgaros e iranies. Dende logo, unha boa oportunidade para facer algo grande.
Será mañá Sábado ás 9 da mañá no Pavillón do Polígono de Juncaril en Albolote (Granada) e retransmitirase pola televisión de Andalucía.
Sorte a todos.