luns, 28 de febreiro de 2011

DEPUTACIÓN DE LUGO: CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA DEPORTISTAS INDIVUDAIS 2011

Recordar a todos os nosos deportistas que xa están publicadas as bases que rexeran as axudas para deportistas indiviuais do 2011.
Estas axudas convocadas pola Deputación de Lugo están a favorecer a mellora das condicións de adestramentos dos nosos deportistas contribuíndo a sufragar parte dos gastos resultantes da súa actividade o que redunda nos éxitos acadados nos últimos campionatos galegos con unha maior participación dos nosos deportistas.
Recordade que tedes un mes para solicitar estas axudas dende a data en que se publicaron no boletín provincial.
PODES DESCARGAR A DOCUMENTACIÓN PREMENDO NON SEGUTINTES ENLACES:
BASES
ANEXO 1 (SOLICITUDE)
ANEXO 2
ANEXO 3

domingo, 27 de febreiro de 2011

BRONCE PARA CUBA NO DAN KOLOV DE BULGARIA

 O deportista vilalbés acaba de acadar o bronce nun dos torneos internacionais máis importantes do mundo sinal do estado de forma no que se atopa de cara ao próximo europeo de Dormundt.
Cuba gañou na primeira rolda ao representante búlgaro por 0-3 e 4-10, en segunda rolda caeu ante o representante ukraniano nun axustado combate que quedou en 0-1 e 1-2. A presencia do ukraniano na final deulle ao vilalbés a posibilidade de repesca,  gañando o bronce ante o representante xaponés por 0-3 e 0-6.
Dende logo unha moi boa actuación de noso deportista que continúa a súa progresión na loita por acadar a crasificación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012.
O mércores reanudará os adestramentos en Vilalba acompañado do ruso Valeri Bedoev que se atopa adestrando en Vilalba no marco das segundas xornadas internacionais de adestramento de loitas olímpicas.

VILALBA SEGUNDA NO GALEGO JÚNIOR

Esta fin de semana tivo lugar na vila pontevedresa de Baiona o Campionato Galego de Loitas Olímpicas das categorías Escolar e Júnior. Vilalba viaxou á cita cun equipo Júnior moi reducido por mor dalgunha baixa e do tránsito á categoría Sénior de varios dos nosos deportistas.
O equipo de Vilalba estibo composto por Emil Emilov en menos de 55 kg que venceu a todos os seus opeñentes, chegando á final onde lle arrebatou o ouro a Alexandre Gallego (Club Sabarís de Baiona).
En menos de 60 kg alzouse co ouro Kadrín Emilov que deu a sorpresa do campionato vencendo na final ao actual campión de España Miguel Caramés do Club Keltoi.
Tamén queremos destacar a actuación de Francisco Monasterio que acadou a prata na categoría de menos de 120 kg e que desputou unha axustada final ante o tamén campión de España da categoría o crucense David Maceiro. O vilalbés comezou gañando todos os asaltos pero a falla de experiencia non lle permitiu manter a diferencia ante un loitador moito máis experimentado. Suliñar que tras o seu bronce no absoluto esta é a segunda medalla de Francisco neste ano, algo destacable se temos en conta que é o seu primeiro ano de adestramento.
Con estes dous ouros e unha prata Vilalba alzouse co segundo posto por equipos seguindo ao Keltoi de Vila de Cruces que este ano subiu ao máis alto do podio en case todas as categorías. A falla de Mihail Emilov que non puido viaxar a Baiona por motivos laborais volveu a deixar a Vilalba sen un case seguro primeiro posto por equipos, algo que xa nos acontecera no galego Sénior.
En Marzo terá lugar o campionato de España Júnior e aínda non sabemos se Vilalba terá representación na categoría pois os irmáns Emilov non poderán competir ao non dispoñer aínda da nacionalidade e no caso de Francisco, que o seleccionador amosou o seu interés para que forme parte do equipo galego dada a súa potencialidade, dependerá da súa evolución nas próximas semanas e de que os técnicos do club consideren que se atopa preparado para tomar parte dunha competición a nivel estatal.
PREMA AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS

domingo, 13 de febreiro de 2011

HOMENAXE DO CLUB VILALBÉS A NICOLÁS CASTRO TRALA SÚA RETIRADA

Este Sábado Nicolás Castro foi homenaxeado nunha cea organizada polos seus compañeiros do Club de Loita Vilalba. A xuntanza tivo lugar no coñecido restaurante lucense Casa Paco onde Nicolás estivo acompañado de varios dos seus compañeiros de equipo que quixeron xuntarse para homenaxear ao seu deportista máis veterano despois de que anunciase a súa retirada da competición activa no 2010.
Un reloxo conmemorativo e outros agasallos lle foron entregados a Nicolás durante a cea, pero foi o seu adestrador Alexander Katchalaev quen lle entregou unha daga rusa, obxeto cos que os daguestaníes agasallan aos que consideran grandes homes.
O vilalbés segue vencellado a este deporte dende o seu traballo na dirección técnica da Federación Galega de Loita, dende está a conseguir xunto co seu compañeiro Pablo Pintos que a loita sexa un dos deportes que máis está a medrar na nosa terra.

VILALBA SUBE AO PODIO EN LIBRE OLÍMPICA E EN GRECORROMANA

O Keltoi de Vila de Cruces foi o gran triunfador da edición do campionato galego de loitas olímpicas das categorías cadete e sénior que tiveron lugar onte en Pontevedra. O club crucense subiu ao máis alto do podio en libre olímpica e grecorromana, cedendo únicamente na modalidade de loita feminina.
Vilalba conformouse cun segundo posto en libre olímpica e un terceiro en grecorromana. A baixa de Jose Luís Puentes por mor dunha gripe nos últimos días deixaban a Vilalba sen representación na categoría de menos de 84kg o que nos privou do primeiro posto por equipos, pois Puentes era o claro favorito da categoría que aspiraba a revalidar o título.
Aínda así temos que falar dun bo resultado tendo en conta que o número de baixas cos que partiamos era maior, pero varios dos nosos deportistas decidiron tomar parte do campionato ignorando a dor e as lesións coas que chegaban.
Mihail Emilov non subiu ao podio na categoría de menos de 66 kg pero puxo contra a corda a Eliseo Permuy actual Campión de España Junior nun axustado combate que se decantou pola experiencia do loitador crucense. Na mesma categoría e cun esforzo tremendo, Marcos Carral acadou unha prata valiosísima. Tras unha semana de baixa por uns compricados procesos infecciosos viaxou a Pontevedra coa intención de non participar dado o seu febel estado pero unha vez na cidade do Lérez e vendo o mermado que quedaba o equipo, enfundouse o maillot para chegar ata final onde caeu tamén contra Permuy.
A xesta repetiuna J.Francisco Bermúdez "Iko" na categoría de menos de 74 kg que acadou o bronce en grecorromana tras vencer a Xurxo Pedrol, loitador que fora en varias ocasións Campión de España Junior.
En menos de 96 kg fumos representados por Pablo Chao e Angel García Roibás. O primeiro acadou o bronce en grecorromana tras unha boa actuación nun peso que se lle quedaba moi grande pois o súa categoría natural debera ser a de menos de 84 kg. Angel, que competía por vez primeira, estreouse con mala sorte ante Diego Pallares, actual subcampión de España da categoría.
En menos de 120 kg dominou con claridade José Cuba que subiu ao primeiro posto tanto en libre olímpica como en grecorromana e que venceu na final ao tamén vilalbés Iván Paredes, loitador que tamén tomou parte do campionato cunha lesión muscular. Nesta categoría temos que destacar a participación de Francisco Monasterio que se estreu neste deporte vencendo ao loitador lucense Nicolás Gredilla o que lle valeu o bronce, algo significativo tendo en conta que só leva uns meses practicando este deporte.
De cara aos próximos campionatos de España, Vilalba espera contar con varios representantes na selección galega sénior.
Na categoría cadete Vilalba contou coa participación de Emil Emilov que rematou en 1ª posición na modalidade de grecorromana e en 3ª na de libre olímpica. Este deportista non poderá viaxar ao campionato de España ao non contar coa nacionalidade española, algo que limita a súa participación nos campionatos oficiais a nivel do estado.

mércores, 9 de febreiro de 2011

NICOLÁS CASTRO RECIBIRÁ UNHA HOMENAXE TRALA SÚA RETIRADA

Os compañeiros do Club de Loitas Olímpicas de Vialalba xuntaranse este Sábado no Restaurante Casa Paco de Lugo para homenaxear ao seu loitador máis veterano que deixou a competición activa despois dunha carreira de 22 anos. Nicolás pódese considerar un dos precursores e iniciadores deste deporte en Vilalba. Da man de Jose Luís Díaz (Senra) tomou contacto coa loita, pero foi con Alexander Katchalaev co que desenrolou todo o seu potencial chegando a ser o loitador galego máis veces campión de España. Agora anuncia a súa retirada tras 22 anos no tapiz, e dende o club vilalbés queremos amosarlle o noso agradecemento polo seu esforzo e a axuda que sempre amosou para os que a necesitaban..

martes, 8 de febreiro de 2011

EL PROGRESO DE ONTE RECOLLE UN EXTENSO ARTIGO SOBRE JOSE CUBA

O diario El Progreso publicou na edición de onte un artigo moi amplo sobre o traballo que José Cuba está a levar a cabo coa vista posta na clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012.
Podedes ver o artigo na edición dixital de El Progreso premendo aquí: LUGO DEPORTES-EL PROGRESO
Tamén a imaxe da noticia na nosa sección de prensa, para vela preme aquí: RECORTES DE PRENSA

luns, 7 de febreiro de 2011

VALERY BEDOEV ADESTRARÁ EN VILALBA ATA O 10 DE MARZO

Nos próximos días chegará a Vilalba  Valery Bedoev (Osetia, Rusia) para axudar na preparación de José Cuba de cara aos próximos campionatos de Europa.
O nóvisimo loitador ruso ten xa un dilatado currículum a pesares dos seus aínda 23 anos, medallista do nacional ruso absoluto, medallista da Copa Yariguin e finalista do David Schultz Memorial.
O club Vilalba tentará inscribilo no Galego Senior deste fin de semana no que sería o primeiro adestramento para o vilalbés José Cuba.

O CLUB VILALBA PARTICIPARÁ CON 14 LOITADORES NO GALEGO SENIOR E CADETE

O próximo Sábado día 12 terá lugar en Pontevedra o campionato galego de loitas olímpias das categorías Sénior e Cadete.
O equipo vilalbés viaxará á cidade do Lérez con 14 deportistas despois de varias baixas de última hora.
Na categoría Cadete só nos representará Emil Emilov que tentará repetir o título do pasado ano.
En senior contaremos con Mihail Emilov en menos de 60 kg, Marcos Carral en menos de 66kg, Francisco Bermúdez en menos de 74 kg, Jose Luis Puentes, Alejandro Vigo e Pablo Chao en menos de 84 kg, Angel García Roibás e Iván Paredes en menos de 96 kg, Jose Cuba, Francisco Monasterio e Valery Bedoev en menos de 120kg.
Algúns destes deportistas tentarán doblar disputando tamén a modalidade de grecorromana, o que os pode levar a disputar incluso 8 combates nunha sesión.
BOA SORTE A TODOS.

OS RESULTADOS DO YARIGUIN EN LA VOZ DE GALICIA

Imaxe do xornal La Voz de Galicia do 1 de Febreiro do 2011.
VER MÁIS RECORTES DE PRENSA