sábado, 26 de marzo de 2011

CUBA REMATA A SÚA ESTANCIA EN AZERBAIJAN E ATÓPASE PREPARADO PARA O EUROPEO

Hoxe remata a concentración do vilalbés Jose Cuba en Acerbaiján e mañá viaxara con destino a Dortumund onde se reunirá co respo do equipo español para participar no Campionato de Europa.
Jose viaxou a Bakú despois do Campionato de España e permanecu adestrando na capital acerí durante 15 días para ultimar a súa preparación de cara a este europeo. Neste tempo estivo sempre acompañado do noso amigo Alexis Rodríguez que tras a súa estancia en Vilalba o pasado mes de Agosto viaxou a Acerbaiján para nacionalizarse e formar parte do seu equipo nacional. O loitador de orixe cubano que non representará ao país do leste neste europeo, traballou co vilalbés correxindo defectos e axudándolle a conquerir o bo estado de forma co que chegará a Dortmund.
Dende o club vilalbés,  e sempre coa axuda da Federación Galega de Loita, seguiremos a traballar para conseguir que Alexis poda vir adestrar a nosa terra durante varios meses unha vez pasado o europeo.

mércores, 16 de marzo de 2011

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL RENOVA O CONVENIO ANUAL CO CLUB VILALBÉS PARA OS GASTOS DA TEMPADA

A Area de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo comunicou á directiva do Club de Loitas Olímpicas Vilalba a inclusión dunha partida de 10.000 € nos presupostos do 2011 para os gastos da tempada.
Con esta colaboración o club vilalbés pode manter a actividade desenvolvida nas pasadas tempadas e que vai dirixida principalmente á promoción e espallamento da práctica deportiva e a preparación dos nosos principais deportistas de cara ao mundial sénior de Setembro; primeira cita clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Londres 2012.

martes, 15 de marzo de 2011

JOSE LUIS PUENTES CAMPIÓN DE ESPAÑA UNIVERSITARIO DE LOITA LIBRE

Trala mala xornada do sábado na que rematou en 5º posición do Campionato de España Sénior  de loita libre, disputou o título universitario da modalidade que tamén tivo lugar na localidade murciana de San Javier. O vilalbés faise deste xeito co primeiro título estatal da modalidae contribuíndo ao primeiro posto acadado pola universidade de Vigo e acompañando a Diego Pallares e Eliseo Permuy que tamén conseguiron  o ouro nas súas repetivas categorías.
Puentes terá agora que preparar o próximo Gran Premio de España que terá lugar en Madrid o próximo mes de Xullo, sendo esta outra posibilidade de enfrontarse a Boris Andonov e Javier Ramos, oportunidade que terá que aproveitar no caso de querer optar ao circuito preolímpico para Londres 2012.

domingo, 13 de marzo de 2011

GALICIA CAMPIONA DE ESPAÑA DE LOITA LIBRE OLÍMPICA SENIOR

Este fin de semana estanse a celebrar na localidade murciana de San Javier os Campionatos de España de Loitas Olímpicas das categorías Cadete e Senior. Na xornada de onte Galicia foi a gran campiona por seleccións da modalidade de Libre Olímpica Senior traendo para a nosa terra un total de dous ouros e dous bronces.
Destacaron o vilalbés José Cuba en 120kg e o vigués Eder Villanueva (Club El Castro) en 96kg que se alzaron co ouro nas súas respectivas categorías. O vilalbés obtivo unha mención especial por ser este o seu décimo título estatal e que lle da o pasaporte directo para os preolímpicos de Londres 2012.
Miguel Caramés en menos de 55 kg e Eliseo Permuy en menos de 60 kg, ambos deportistas do Keltoi de Vila de Cruces, acadaron sendos bronces tras vencer nas repescas.
O tamén vilalbés José Luís Puentes non foi quen de revalidar o podio da pasada tempada ao caer en segunda rolda ante Boris Andonov que se alzou co título da categoría, e xa na repesca perdeu o bronce ante o madrileño Javier Ramos (3 veces campión de España). O futuro de Puentes de cara aos preolímpicos pasa por impoñerse a estes adversarios no próximo Gran Premio de España no mes de Xullo.
Na modalidade de grecorromana Galicia só acadou un bronce por parte do vigués Pablo García, o resto dos galegos entre os que se encontraban os vilalbeses José Francisco Bermúdez (menos de 74kg) e Iván Paredes (menos de 120 kg) caeron prácticamente nas primeiras roldas.
Hoxe disputarase a categoría Cadete e o Campionato de España Universitario no que tamén tomará parte o vilalbés José Luís Puentes.

venres, 11 de marzo de 2011

NOVA SECIÓN DE VIDEOS

Xa tedes podedes disfrutar da nova seción de videos onde poderedes ver aos nosos deportistas nas actividades. Esta seción irase completando pouco a pouco e na medida en que teñamos tempo.

CAMPIONATO DE ESPAÑA SENIOR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

NOTA DA FGL:
DEFENSA: A SELECCIÓN GALEGA DE LOITAS OLÍMPICAS DEFENDERÁ O TÍTULO DE CAMPIONA DE ESPAÑA EN MURCIA

A Selección Galega de Loitas Olímpicas parte esta noite cara a San Javier (Murcia), onde defenderá o título de Campioa de España por seleccións.

Este é un fin de semana comprometido para as Seleccións Galegas sénior e cadete de Loitas Olímpicas, xa que parten como favoritas no Cto. de España da modalidade. É non só temos en conta a selección, xa que o club de Loitas Olímpicas de Vilalba e o Club Keltoi de Vila de Cruces, parten con opcións de subirse o podio na clasificación final masculina por clubs a nivel nacional. Por outra banda, o Club San Ignacio de Vigo, parte con moitas opcións no cto. feminino por Clubs, onde presenta unha nutrida convocatoria de deportistas.
Os deportistas teñen un longo e difícil camiño dende Galicia ata Murcia, 15 horas de viaxe que aumentan o cansazo dos deportistas e merman a capacidade de rendemento dos mesmos. Pero nomes propios como os Cruceños: Miguel Caramés, Eliseo Permuy, Luis Garnil, ou os Vilalbeses:  Jose Cuba ou Jose Luis Puesntes, ou o Vigués: Eder Villanueva, fan desta expedición o mellor equipo dos últimos anos.
Un total de 53 integrantes, forman parte do maior desembarco Galego nun Campionato de España, dando fe do incansable traballo de promoción e organización deportiva dos Clubs e da Federación Galega.
A promoción dos árbitros a nivel Nacional tamén está presente no equipo, coa presenza de dous dos árbitros mais novos do colexio nacional, e a incorporación de Rubén Varela (Club Stellae) como elexible para o ascenso o mesmo.

luns, 7 de marzo de 2011

CONCENTRACIÓN EN SADA

De luns a xoves tivo lugar en  Sada a concentración preparatoria para os campionato de España que terán lugar en Murcia o Sábado 12 de Marzo. A Sada viaxaron 4 deportistas do Club Vilalba acompañados do ruso Valeri Bedoev que rematou a súa estancia na nosa terra este Xoves regresando a Osetia para tomar parte no campionato da rexión e que dixo estar moi agusto en Vilalba amosando o seu interese de regresar no verán acompañado de máis deportistas para adestrar e axudar a Cuba e Jose Luís na súa preparación de cara ao mundial de Setembro.
Concentracións como as de Sada organizadas pola federación galega son unha moi boa oportunidade para os nosos deportistas de adestrar con outros rapaces dos diferentes clubs galegos e nunhas condicións nas que non poden facelo en Vilalba por falla de medios e sobre todo de instalacións axeitadas para a práctica deste deporte

xoves, 3 de marzo de 2011

2º XORNADAS INTERNACIONAIS DE ADESTRAMENTO DE LOITAS OLÍMPICAS

 As segundas Xornadas Internacionais de Adestramento comezaron coa visita do loitador Valeri Bedoev. O ruso chegou a Vilalba o 12 de Febreiro onde adestrará ata o próximo 10 de Marzo acompañado dos loitadores vilalbeses así como de todos aqueles deportistas que desexen achegarse as nosas instalacións para coñecer e practicar con este deportista de Osetia do Norte.
Estas xornadas que están subvencionadas pola Area de Cultura e Deportes da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo facilitan a convivencia e preparación dos nosos deportistas con loitadores de primeira talla internacional o que os axuda na súa preparación de cara as principais competicións. Así Cuba é o que máis se está a aproveitar da presenza de Bedoev coa vista posta no próximo europeo que terá lugar a comezos de Abril en Dortmund.
O seguinte deportista que nos visitará no contexto destas xornadas será Alexis Rodríguez que xa estivera o ano pasado e que actualmente representará a Acerbaiján internacionalmente tras a súa recente nacionalización. Xa polo verán e coa finalidade de preparar o mundial contaremos co tercer deportista que aínda está por confirmar.
Recordar a todos os interesados en participar nos adestramentos que deberán poñerse en contacto previamente cos técnicos do club dado a falla de espazo das nosas instalacións.
 Preme na foto ver máis imaxes dos adestramentos con Valeri:


XA TEDES A VOSA DISPOSICIÓN OS COMBATES DE CUBA NO DAN KOLOV

En primeira rolda enfrontouse ao Búlgaro Ivan Sacharov ao que venceu nos dous asaltos que tedes a continuación:



En segunda rolda caeu ante o representante ukraniano P Ralchev, aquí tedes o combate:

O bronce disputouno ante o xaponés Tomoyuki ao que venceu en dous asaltos:


mércores, 2 de marzo de 2011

AS NOVAS SOBRE OS NOSOS DEPORTISTAS NOS DIFERENTES MEDIOS

Diferentes medios recolleron as novas sobre a participación dos nosos deportistas no Campionato Galego Junior así como a de Jose Cuba no Internacional Dan Kolov de Bourgas (Bulgaria).
Podedes dispoñer destas novas na BIBLIOTECA DE MEDIOS.
Tamén podedes aceder as edicións dixitais dos seguintes xornais:

martes, 1 de marzo de 2011

VIDEO PROMOCIONAL DOS CAMPIONATOS GALEGOS DE LOITAS OLÍMPICAS E LOITA GRAPPLING

No seguinte enlace poderedes ollar o video promocional dos Campionatos Galegos de Loitas Olímpicas e de Loita Grappling, nel saen varios dos nosos demportistas.
Para ver o vido preme aquí: VER VIDEO