domingo, 30 de xaneiro de 2011

OS VILALBESES CAEN EN PRIMEIRA ROLDA NO IVAN YARIGUIN

Os vilalbeses José Cuba e Jose Luís Puentes non puideron pasar a primeira rolda do prestixioxo Ivan Yariguin. Cuba en menos de 120kg non foi quen de superar ao representante de Kazakistán ante o que caeu en dous asaltos, o primeiro por 0-1 decidido no clinch e o segundo por un axustado 1-1.
Pola súa banda, Puentes caeu ante o representante de Bulgaria por 4-0 e 2-0.
As categorías pesadas estiveron dominadas polos loitadores rusos que amasaron a maioría das preseas, somentes o norteamericano Dlagnev foi quen de obter o bronce en menos de 120 kg tal e como podemos ollar no resumo dos principais resultados das 3 categorías máis pesadas:
84 kg
Gold - Anzor Urishev (Russia)
Silver - Albert Saritov (Russia)
Bronze - Soslan Ktsoev (Russia)
Bronze - Abdusalam Gadisov (Russia)

96 kg
Gold - Shamil Akhmedov (Russia)
Silver - Vladislav Baytsaev (Russia)
Bronze - Georgy Ketoev (Russia)
Bronze - Yuri Belonovsky (Russia)

120 kg
Gold - Bakhtiyar Akhmedov (Russia)
Bronze - Barzaga Kesaev (Russia)
Bronze - Alan Tsarikaev (Russia)
Bronze - Tervel Dlagnev (USA)
Os nosos deportistas chegarán este martes a Galicia onde comezarán a preparar as próximas citas; a primeira o campionato galego que terá lugar o próximo 12 de Febreiro en Pontevedra, depois Puentes volverá a Siberia para tomar parte no clásico torneo de Neftayugansk mentras que Cuba viaxará a Bulgaria para loitar no prestixioso Dan Kolov.

Outras fontes:

xoves, 27 de xaneiro de 2011

O BLOG VOLVE A ESTAR OPERATIVO

Nestas últimas semanas apenas poidemos actualizar o blog por mor dun erro no mesmo. Agardamos telo solucionado e seguir a publicar as novas sobre os nosos deportistas. Desculpade as molestias.

JOSE CUBA MANTERÁ O ADO DURANTE O 2011

O vilalbés José Cuba enterouse onte de que o CSD manterá a súa beca ADO durante o 2011. A nova chegoulle onte por teléfono a Kranoyarks da man de Francisco Iglesias director técnico da federación española e máximo responsable da defensa do proxecto deportivo de Cuba perante o CSD.
Esta axuda facilitará ao vilalbés a súa adicación ao adestramento coa vista posta nos Xogos Olímpicos de Londres.
Este Domingo os vilalbeses Cuba e Puentes comezarán as desputas do Ivan Iariguin no que será a súa primeira cita internacional do ano.
Boa sorte a ambos.

venres, 14 de xaneiro de 2011

A VIAXE A SIBERIA DE CUBA E PUENTES EN LA VOZ DE GALICIA

O xornal La Voz de Galicia na edición de onte publica a noticia sobre a participación dos vilalbeses Jose Cuba e Jose Luís Puentes no prestixioso torneo Ivan Iariguin de Kranojarks (Rusia). Este torneo é a homenaxe que os rusos fan ao falecido loitador que leva o seu nome e ao que lle foron  concedidas en vida as maiores distincións da Unión Soviética. Os suculentos premios en metálico para os gañadores e a clasificación para a copa do mundo, fan deste evento un dos máis duros do planeta, hai quen di que chega a superar o propio campionato mundial. O caso é que os vilalbeses obtiveron a invitación para tomar parte nel por segundo ano consecutivo polo que viaxarán ao remoto Krasnojarsk do próximo día 25 de Xaneiro.
Resaltar que aos 20 días da súa chegada a Galicia dende Kranojarks voltarán a tomar o avión de regreso a Siberia, pero esta vez á tamén remota Neftayugansk para tomar parte no torneo da rexión.
Se alguén se anima, pode facer os cálculos dos kilómetros que percorrerán no espazo dun mes....agardamos a solución nas mensaxes.
Boa sorte.
VER MÁIS RECORTES DE PRENSA 

xoves, 13 de xaneiro de 2011

CONVOCATORIA DE JOSE CUBA PARA PARTICIPAR NO INTERNACIONAL DAN KOLOV DE BULGARIA

O vilalbés José Cuba formará parte do equipo español que participará no Torneo Internacional Dan Kolov na cidade búlgara de Burgas.
 O campionato terá lugar a finais do mes de Febreiro, 15 días antes do Campionato de España do que sairá o equipo preolímpico de cara aos xogos de Londres 2012.
Antes da cita búlgara Cuba loitará xunto co tamén vilalbés Jose Luís Puentes no Torneo Internacional Ivan Iariguin de Krasnojarsk (Rusia), un dos torneos máis duros da tempada e para o que a Federación Galega fixo un gran esforzo en termos representación galega.

mércores, 12 de xaneiro de 2011

REANÚDANSE AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Este mércores reanúdanse as clases de loita para os inscritos nas escolas deportivas municipais. A clase dos pequenos serán como sempre de 18:30 á 19:30 os mércores e os venres.
Os interesados en participar recordade que tedes ata o 14 de Xaneiro para inscribirvos nas oficinas do concello en horario de mañá.

JOSE LUIS OLAZABAL REELEXIDO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE LOITA POR MAIORÍA ABSOLUTA


Nota da FGLeDA:
Don Jose Luis Olazabal reelexido como presidente da Federación Galega de Loita e D.A. para o próximo ciclo de catro anos. Esta reelección do actual cargo de presidente da Federación amosase como un novo pulo en tódalas areas da estrutura Federativa. “Despois de un ciclo de 4 anos nos que as loitas olímpicas sufriron un rexurdimento global, agora toca un período de mellora específica dentro de cada órgano federativo” afirma o Presidente.
“Neste ano que comeza existen 3 prioridades: O eido económico, dada a delicada situación económica que atravesamos, o que pode hipotecar tódolos proxectos que temos abertos; O eido deportivo co ano de clasificación olímpica que imos a vivir, tendo a dous deportistas ben situados a nivel internacional; e o deporte de base intentando manternos como o deporte con mais actividades deportivo-formativas a nivel educativo de Galiza”, afirma Jose Luis Olazabal.
Grazas a esta nova etapa que comeza, existe a posibilidade de materializar os distintos acordos de colaboración coa AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública), a Universidade de Novo León (México), cos centros de tecnificación e de alto rendemento de Mahaskalá (Dagestán) e Bakú (Azerbaiján), así como co Centro de Preparación Olímpica de Colorado Spring (EEUU). A proxección internacional dos deportistas Galegos, garante o prestixio que tratamos de afianzar dende o traballo diario na Federación.
Estreando cargo e calendario deportivo, a Federación Galega de Loita e D.A. bótase a andar nesta nova tempada cargada de actividades e obxectivos renovados, os mais inmediatos o viaxe de 2 deportistas, Jose Cuba e Jose Luis Puentes, a concentración internacional de Bakú (Azerbaiján) e de seguido o torneo internacional Ivan Iariguin (Siberia, Rusia), clasificatorio para a Copa do Mundo de Loitas Olímpicas.









venres, 7 de xaneiro de 2011

CALENDARIOS 2011 DO CLUB DE LOITA VILALBA

A partires do Martes 11 de Xaneiro os deportistas e usuarios do club podedes recoller o calendario deste ano nas instalacións de adestramento.

domingo, 2 de xaneiro de 2011

VARIAS EMPRESAS LUCENSES COLABORAN NA ADQUISICIÓN E MANTEMENTO DA NOSA FURGONETA

Varias empresas da provincia colaboraron na adquisición desta furgoneta que dará solución á participación dos nosos deportistas nas diferentes competicións do eido estatal.
Xa foi empregada no viaxe a Granada para a disputa da liga nacional de clubs, aínda que non poidemos dispoñer dela serigrafiada ata hai un par de semanas.
Nestes días estanse a diseñar os calendarios con poster nos que se resalta a colaboración das diferentes empresas da provincia e que serán distribuidos entre os mesmos colaboradores, os usuarios e deportistas e as administracións galegas para difundir o papel de mecenas destas empresas.