domingo, 30 de decembro de 2012

VILALBA REMATA PRIMEIRA POR EQUIPOS NO TORNEO HQR DE PONTEVEDRA

O equipo vilalbés rematou en primeira posición  pos clubs na terceira edición do Torneo HQR  organizado polo Club Pontevedra dentro dos actos da festa do deporte promovida polo Diario de Pontevedra.
A competición que se disputou nas categorías de cadete e senior contou coa presenza de máis de 10 clubs galegos que se mediron o sábado en xornada de tarde no pavillón do Estadio da Xuventude da cidade do Lérez.
No equipo de Vilalba destacaron Ramón Monasterio na categoría cadete en menos de 80 kg cun segundo posto, e xa na categoría sénior Marcos Carral cun bronce en menos de 70 kg, Pablo Chao cun quinto posto en menos de 80 kg, Jose Luís Puentes cun ouro e Marcos Miragaya cun bronce en menos de 90 kg e Jose Cuba cun ouro, Catriel Pehuén coa prata e Francisco Monasterio co bronce en menos de 120 kg.
O outro equipo lucense foi o rábade que con Boris Otero (bronce), David Grandío (Bronce) e Martín Fernández (bronce) fixeron desta provincia a máis laureada do evento.
Queremos felicitar a Marcos Mirgaya, responsable do Club Pontevedra e deportista do noso club, pola boa organización do evento e agradecerlle que nos convidara para tomar parte nel.
Este torneo é a mellor proba de cara a avaliar aos deportistas que se medirán este mes de xaneiro no campionato galego, proba clasificatoria para os campionatos de España 2013.
PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS

xoves, 27 de decembro de 2012

ADESTRAMENTOS NO NADAL

Durante esta festividade, do día 24 de Decembro ao 4 de Xaneiro, os adestramentos pasan a ser de mañá de 11:30 a 13:30 horas.

domingo, 2 de decembro de 2012

VILALBA NA ASAMBLEA DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE LOITA

I.Castro como Presidente da mesa elctoral da FELODA
A representación galega na Asamblea Estatal da Federación Española de Loitas Olímpias e Disciplinas Asociadas que este sábado reuniuse pra reelexir a D. Angel López Rojo como o seu presidente, componse de 5 membros, dos cales 3 son vilalbeses; José Cuba no estamento de deportistas, Nicolás Castro no estamento de adestradores e Iván Castro como representante do Vilalba no estamento de clubs, súmanse ao vigués Diego Villanueva no estamento de arbitros e ao compostelán Jose Luís Olazábal que como presidente da federación galega.
Galiza acada así unha histórica representación no máximo órgano rector da federación estatal, unha representación con sabor vilalbés que tentará achegar propostas e colaborar na mellora do noso deporte e as condicións dos seus practicantes.