martes, 31 de xaneiro de 2012

CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE SOFIA (BULGARIA)

Os vilalbeses Puentes e Cuba continúan a adestrar co equipo búlgaro que permanecerá concentrado ata a fin de semana cando se celebre o prestixioso Torneo Internacional Dan Kolov. Os vilalbeses, xunto co resto do equipo español, están a traballar en moi boas condicións en Sofia co obxectivo posto nos clasificatorios para os Xogos Olímpicos que comezarán en Abril, pero antes terán que pasar a previa do Campionato de España Absoluto de Febreiro no que se xogan a súa presenza no equipo preolímpico español.
Os nosos deportistas comunicáronnos as magníficas condicións coas que contan o equipo búlgaro para a súa preparación, cunhas inmellorables instalacións e o gran número de deportistas nos adestramentos valoran moi positivamente a súa experiencia en Bulgaria e esperan demostralo a próxima fin de semana no prestixioso Dan Kolov. VER MÁIS FOTOS
Jose Cuba con Serafin Varsakov (Campión Mundial e 3 veces campión de Europa)


luns, 23 de xaneiro de 2012

OS VILALBESES JOSE LUIS PUENTES E JOSE CUBA ESTARÁN NO DAN KOLOV DE BULGARIA

José Cuba e Jose Luís Puentes partiron hoxe pola mañá hacia terras búlgaras para participar no prestixioso torneo internacional de Dan Kolov que terá lugar en Sofia do 3 ao 5 de Febreiro. Esta será a primeira cita internacional do ano, e os vilalbeses permanecerán concentrados en Bulgaria adestrando co equipo nacional búlgaro que busca a clasificación dos seus deportistas nun dos torneos europeos máis duros.
Esta actividade é moi importante para os nosos vilalbeses de cara a preparar o próximo campionato de España que terá lugar en Murcia o 9 de Febreiro, cita clave para estar no equipo preolímpico. Sen embargo a presenza en Bulgaria dos vilalbeses non puido ser confirmada ata o derradeiro intre debido a incertidume en canto ao financiamento do club para esta tempada.A notificación por parte da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo da renovación do convenio anual para os gastos da tempada permítenos afrontar esta e outras citas que buscan a clasificación dos nosos deportistas para os próximos Xogos Olímpicos.

domingo, 22 de xaneiro de 2012

CAMPIONATO GALEGO SENIOR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS



Este sábado celebrouse en Pontevedra o campionato galego de loitas olímpicas das categorías Senior e Cadete. Outro ano máis Vilalba acudiu á cita cun equipo reducido debido ás baixas de última hora, o que non nos privou de subir ao podio tanto en Libre Olímpica como na categoría de Grecorromana. Isto foi posible grazas a que todos os nosos deportistas acadaron medallas nas súas respectivas categorías.
Na categoría Senior trouxemos os ouros de José Cuba e Jose Luís Puentes que gañaron con moita superioridade nas categorías de 120 e 96 kg respectivamente. Ambos loitadores cumpriron coas espectativas pois son os principais loitadores galegos para entrar no próximos preolímpicos.
Tamén na categoría de 120 kg temos que destacar a Francisco Monasterio que acadou a prata tanto en Libre Olímpica como en Grecorromana perdendo somentes co seu compañeiro de club, sen dúbida un dos novos deportistas a ter en conta de cara ás próximas citas Júnior.
En menos de 84 kg contamos coa representación de Pablo Chao que tras varios enfrontamentos puido acadar sendos bronces en Libre Olímpica e Grecorromana. Outro bronce que veu para Vilalba foi o de José Francisco Bermúdez en menos de 74 kg que fixo un gran esforzo para estar en Pontevedra e non deixar aínda máis mermado ao equipo vilalbés.
En cadate queremos facer unha mención especial a Ramón Monasterio que pertencendo á categoría escolar foi quen de acadar a prata en Libre Olímpica e o ouro en Grecorromana en menos de 76 kg.
Varios dos nosos deportistas serán convocados pola seleción galega para representar a Galicia nos campionatos de España que terán lugar en Murcia o próximo 11 de Febreiro.
VER FOTOS