sábado, 28 de abril de 2012

CUBA ESGOTA OUTRA OPORTUNIDADE

Helsinki será a derradeira esperanza do vilalbés para estar nos xogos de Londres 2012 ao caer hoxe en primeira ronda ante búlgaro Kumchev. A pesares de haber máis prazas, a competición de Taiyuan non prometía moito para Cuba ao ver o sorteo inicial que o comprometía a enfrontarse cos loitadores máis duros do evento agás o iraní Haidi Basmanj que se alzou co primeiro posto indo polo grupo de arriba.
A maioría dos loitadores que obteron a clasificación son dun nivel parello ao do vilalbés e algúns incluso xa teñen sucumbido ante Cuba en pasados enfrontamentos, o que aínda nos deixa un atisbo de esperanza de cara a Helsinki o próximo fin de semana.

mércores, 25 de abril de 2012

JOSÉ CUBA NON SE CLASIFICA EN BULGARIA

O vilalbés José Cuba terá que esperar ao clasificatorio de Tayuan (China) para loitar por unhas das 5 prazas olímpicas ao non conseguir pasar da primeira rolda en Bulgaria.
O vilalbés, que non tivo un dos seus mellores días, caeu no primeiro combate co representante alemán Nick Matuhin quedando fora de calquera posibilidade de chegar á final. Aínda que sabiamos que non habería adversarios doados, o sorteo inicial fíxonos crer na posibilidade de acadar a praza olímpica en Varna sendo o xermano quén nos devolveu á máis crúa das realidades. O camiño a Londres non será doado para Cuba nin para ningún dos seus compañeiros de seleción.
Hoxe partirán cara a Tayuan co obxectivo de non deixar escapar máis oportunidades e acadar o pasaxe para Londres sen necesidade de viaxar a Helsinki.

mércores, 18 de abril de 2012

CUBA PARTE PARA O CLASIFICATORIO DE BULGARIA

A cidade búlgara de Varna está a acoller aos mellores loitadores europeos que buscan clasificarse para os Xogos Olímpicos de Londres, entre eles atópase o noso mellor deportista que ven de traballar moi duro nestas últimas datas para facer historia colocando a un vilalbés no xogos.
Cuba partiu hoxe cara a Bulgaria onde disputará as súas roldas clasificatorias o próximo sábado co obxectivo de chegar á final, posto que lle daría a praza olímpica.

xoves, 12 de abril de 2012

DAVITASHVILI E KATCHALAEV REGRESAN A VILALBA

Este venres regresan a Vilalba os rusos Davitashvili e Katchalaev para ultimar a posta en forma de Cuba de cara ao próximo clasificatorio de Bulgaria hacia onde partirá o próximo día 18.
Davitashvili e Katchalev permanecerán en Vilalba até o Martes 17 onde segurirán a realizar adestramentos abertos, polo que queremos lembrar aos interesados en participar nolo comuniquen para coordinar a asistencia debido á falta de espazo.

MONASTERIO E LÓPEZ SELECIONADOS COS MELLORES DE ESPAÑA

O vilalbés Francisco Monasterio e o lucense Nicolás López partiron onte cara a Murcia para participar na concentración estatal de tecnificación onde se selecionan aos xóvenes talentos para os circuitos internacionais das categorías júnior e cadete. Destes circuitos sairán os representantes españois nos próximos europeos e mundiais de loitas olímpicas. A pesares da súa falta de rodaxe, Nicolás e Fran amósanse esperanzados de seren selecionados debido á boa progresión que ambos demostraron na presente tempada. Do que si estamos seguros é do magnífico futuro deportivo que lles agarda de seguiren a traballar como o están a facer, Fran en Vilalba e Nicolás no CGTD de Pontevedra.
DESEXAMOS TODA A SORTE  DO MUNDO PARA OS NOSOS CAMPIÓNS.

O TerraCha.xa recolle a nova sobre as Terceiras Xornadas Internacionais de Loitas Olímpicas

mércores, 4 de abril de 2012

3ª XORNADAS INTERNACONAIS DE LOITAS OLÍMPICAS

Desde o pasado Venres dia 30 estamos a celebrar en Vilalba as Terceiras Xornadas Internacionais de loitas olímpicas que buscan a convivencia e adestramento dos nosos deportistas con algúns dos mellores loitadores do mundo. En pasada edicións poidemos contar con campións do mundo e medallistas olímpicos como o cubano Alexis Rodriguez ou medallistas nos europeos como o ucraniano Sergei Priadun ou o ruso Valeri Bedoev.
Nesta ocasión o noso convidado e o osetio Dato Davitashvili, semifinalista nos pasados campionatos de Rusia e unha das xóvenes promesas da potencia do leste. Dato amósase sorprendido polo nivel dos deportistas dun clube tan pequeno, especialmente no caso de Cuba co que está a traballar arreo de cara ao próximo clasificatorio para os Xogos Olímpicos que terá lugar en Varna (Bulgaria) o próximo 20 de Abril.
Como sempre, e para facilitarnos o traballo tamén contamos coa axuda de Alexander Katchalaev que nestes días colle a batuta do club vilalbés para sacarlle o máximo partido aos adestramentos.
Dato amosouse moi contento de coñecer persoalmente a Katchalaev, xa que dende pequeno oíra falar dél como unha das grandes figuras deste deporte nos tempos da URSS, nos que Sasha foi selecionador e principal artífice da época dourada da loita soviética.
Lembrar a todos os interesados que esta é unha actividade aberta e que poden vir aos adestramentos calquera deportista dos clubs galegos pero debido ás nosas limitacións de espazo rogamos  que nos avisen con antelación para distribuir aos deportistas en diferentes sesións.

REPORTAXE DAS XÓVENES PROMESAS LUCENSES NO PROGRESO

El Progreso recolle unha ampla reportaxe sobre os ouros acadados no pasado Campionato de España de Loitas Olímpicas polas xóvenes lucenses das loitas olímpicas. Nicolás López en grecorromana e Francisco Monasterio en libre olímpica trouxeron, nestas modalidades,os dous únicos metais dourados para Galicia nos pasados campionatos de España Júnior que tiveron lugar en Albolote (Granada).
Sen dúbida que esta reportaxe daralles máis ánimo para seguir a traballar na procura de novos éxitos. Nicolás ademais acaba de ser homenaxeado no concello de Lugo pola corporación local, onde o felicitaron ante numerosos medios polo seu segundo título de Campión de España.
VER REPORTAXE