luns, 27 de maio de 2013

A ESCOLA DE VILALBA REMATA NO 5º POSTO NA LIGA DE DEPORTE DE BASE

O equipo do clube Vilalba composto polos deportistas de Vilalba e Xermade rematou no 5º posto da liga galega de deporte de base na final que se celebrou esta pasada fin de semana na localidade pontevedresa de Vila de Cruces.
Nesta final enfrontábanse os 12 mellores clubs galegos que participaron nas pasadas xornadas clasificatorias onde Vilalba logrou clasificarse para a final A, onde se disputarían os 6 primeiros postos da liga.
O outro clube lucense foi o Lugo que rematou nun meritorio 11º posto tendo en conta a reducido equipo co que acudiu á cita pola coincidencia desta con diferentes celebracións, o mesmo motivo que imposibilitou a participación do Clube Rábade que tamén estaba clasificado para a fiinal B (loita pola clasificación entre o 6º e o 12º posto).
 A clasificación final foi a seguinte:
1º- Escuela Ayude de Melide.
2º- Clube San Ignacio de Vigo.
3º- Clube de Loita Keltoi Cruces.
4º- Clube de Loita Kuzushi de Vigo.
5º- Loita Olimpica Vilalba.
6º- Clube de Loita Pontevedra.
7º- Loitas Olímpicas El Castro de Vigo.
8º- Clube de Loita Sabaris.
9º- Loita Stellae
10º- Clube Atila de Ourense.
11º- Lugo Loita Olímpica.
12º- Clube Cidade de Vigo.
O equipo de Vilalba estivo formado polo seguintes deportistas:
Antonio Pena Castelo (Vilalba)
Noé Díaz Paz (Xermade)
Gabriel Blanco Vivero (Xermade)
Raúl Sanz Cendán (Vilalba)
Fermín Sanz Cendán (Vilalba)
Samuel García Miragaya (Vilalba)
José Barrio Vilasuso (Vilalba)
Antonio Casal Peleteiro (Xermade)
Sergio Sardiña Corral (Xermade)
Brais Arias Apenela (Vilalba)
Alejandro Gauthier Sampayo (Vilalba)
Angel García Yañez (Vilalba)

NORABOA A TODOS E ÁNIMO PRA SEGUIR A TRABALLAR¡¡¡

VER FOTOS

luns, 13 de maio de 2013

REDUCIÓN DOS HORARIOS DE ADESTRAMENTO

Debido á falla de medios para contar cun adestrador con adicación completa, veranse reducidos os adestramentos do clube a  3 días semanais. Esta redución de horarios súmase á que xa tivemos que plantexar ao inicio da tempada cando pasamos a facer un único adestramento diario. Polo tanto os horarios para o que resta de tempada e ata que non se poda contar cun adestrador durante máis tempo queda do seguinte xeito:

A pesares desta redución da actividade o clube seguriá a axudar aos deportistas de outras localidades da provincia que viñan completando a formación nos seus clubs cos adestramentos en Vilalba. O clube seguirá a desempeñar a súa función de apoio á tecnificación e alto rendemento nos horarios sinalados.

MIRAGAYA, CARRAL E PUENTES TRIUNFAN NO C. ESPAÑA UNIVERSITARIO

Éxito dos vilalbeses no Campionato de España Universitario. Os ouros de Marcos Miragaya (máis de 90 kg) e Jose Luís Puentes ( menos de 90) xunto coa prata de Marcos Carral (menos de 62 kg) supoñen un pleno de medallas da participación vilalbesa no evento.
Miragaya está a cursar un máster na facultade de ciencias da actividade física de Pontevedra e é o principal responsable do clube da cidade, entidade que está a ter moi bos resultados baixo a súa tutela.
Puentes tamén está en Pontevedra aínda que  cursando o ciclo de ciencias da actividade física e o deporte compaxinando os estudos cos adestramentos no CGTD de Pontevedra.
Carral, mestre de profesión e responsable do Clube Rábade, está a estudar o ciclo de pedagoxía na UNED sen deixar de contribuir co seu esforzo á promoción deste deporte na nosa comarca.
Sempre é un orgullo para o noso clube o ter xente coma vos coma compañeiros.
NORABOA!

3º POSTO PARA A SELECIÓN GALEGA E ÉXITO DOS VILALBESES NA COPA DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

Podio de máis de 90 kg con Cuba (1º) e Miragaya (3º)
De novo o bo traballo dos loitadores vilalbeses foi decisivo para un novo éxito da selección galega que este fin de semana viaxou a Madrid para disputar a Copa de España e o Campionato de España Universitario de loitas olímpicas, e que dos cinco vilalbeses que viaxaron co combinado galego trouxeron para as súa repectiva presea, algúns incluso por partida doble.
A Copa de España nace como unha das probas máis esixentes a nivel do estado ao poder participar todos os deportistas residentes en España sen necesidade de ter a nacionalidade, o que supón unha grande oportunidade para os nosos deportistas de medirse con loitadores, a maioría das veces, dun nivel superior. Pero a presenza de loitadores das potencias do leste non foi suficiente para arrebatar o trono da máxima categoría ao vilalbés José Cuba que trouxo de Madrid o ouro en máis de 90 kg (unión das clásicas categorías de menos de 96 kg e menos de 120 kg). Cuba gañou todos os seus combates por superioridade técnica agás o seu enfrontamento co tamén vilalbés Marcos Miragaya que rematou nun terceiro posto na súa volta á competición estatal.
O ouro de Cuba foi o único primeiro posto do equipo galego na Copa de España, pero houbo outros éxitos que non podemos deixar de destacar como o bronce de Jose Luís Puentes en menos de 90kg e como non, a prata de Catriel Pehuén Muriel na modalidade de Grecorromana menos de 120 kg.  Este último merece unha especial atención, pois con tan so dous anos de práctica esta éra a súa primeira grande cita nun evento deste nivel.
Pero os éxitos dos vilalbeses non rematan aquí, pois moitos deles decidiron repetir sesión de competición participando nos Campionatos de España Universitarios que aportaron para a nosa vila dous ouros, os de Jose Luís Puentes en menos de 90 kg e Marcos Miragaya en máis de 90 kg, e unha prata de Marcos Carral en menos de 62 kg.
VER FOTOS