mércores, 30 de xaneiro de 2013

Eladio Bello cumpre 25 anos como adestrador de loitas olímpicas.

Queremos felicitar a Eladio nesta efeméride que non é moi habitual no noso deporte pois como ben señala o vigués só Alfredo Marcuño e Alexander Katchalaev superan a Eladio na vida activa como adestradores de loitas olímpicas. Pero cremos que o caso de Eladio é reseñable en moitos sentidos, pois traballou neste deporte nos bos e os malos momentos contribuíndo a que chegase aos nosos días coa saúde da que hoxe goza, e se ben é certo que hai moitas cousas que mellorar, o traballo de xentes como Eladio contribuíu a que   na actualidade sexamos máis a tirar do carro.
Así que noraboa e a por outros 25 anos seguindo de exemplo.

CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E ESCOLAR DE LOITAS OLÍMPICAS

Esta fin de semana celebrase no pavillón municipal de Santa Isabel de Compostela os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías escolar e júnior, onde a nosa provincia terá unha nutrida representación dos clubs de Lugo, Rábade e Vilalba.
Vilalba viaxará con 4 deportistas, dous en escolar e outros dous na categoría júnior. Os primeiros son Roberto Díaz Orosa en menos de 35 kg e Joao Pedro Vieira Lucena en menos de 85 kg, mentras que en júnior serán Ramón Monasterio en menos de 84 kg e Catriel Pehuén en menos de 120 kg quenes nos representen.
Do clube de Lugo destaca a presenza de Nicolás López en menos de 120 kg, que como actual bicampeón de España da categoría perfílase como o favorito pra levarse o título en compostela.
Rábade que contará con varios deportistas na categoría escolar cremos que será un dos principais favoritos pra subir ao podio na clasificación por clubs. Entre os seus deportistas destacan Angel Campos e Cristian Pumares que xa participaron nos pasados campionatos galegos na categoría cadete subindo ambos ao podio.
SORTE A TODOS.

domingo, 27 de xaneiro de 2013

REPORTAXE NO DIARIO MARCA DO CLUB DE LUCHA LA MINA

O diario deportivo Marca recolle unha ampla reportaxe sobre o traballo que os compañeiros do famoso barrio La Mina (Sant Adriá) están desenrolando no eido das loitas olímpicas. Juan Carlos Ramos, alma mater do equipo, foi quen de poñer en funcionamento unha escola que hoxe conta con casi un centear de deportistas, moitos campións de España e un auténtico referente da labor social que se pode levar a cabo a través do deporte, labor da que xa se fixeron eco varios medios a nivel do estado como o programa Informe Robinson de Canal +.
Pra nós o mellor exemplo de como cun bo traballo e a sensibilidade das administracións, o deporte pódese convertir no principal alicerce da integración social, a loita contra as desigualdades e a promoción entre a nosa mocidade duns hábitos de vida saudábeis.
NORABOA E ÁNIMO AOS COMPAÑEIROS DA MINA.

OS ÉXITOS DO CLUB PONTEVEDRA NA PRENSA

Queremos aproveitar pra dar a noraboa aos compañeiros do Clube Pontevedra e dun xeito moi especial a Marcos Miragaya como principal artífice de todo o que alí se está a facer. Pra nós é un orgullo que un deportista do nosos clube esté a facer de Pontevedra un dos referentes da loita en todo o estado. De todo isto estase a facer eco os principais medios de comunicación como La Voz de Galicia ou mesmo a TVG que publicaron varias reportaxes sobre os éxitos que están a colleitar os nosos compañeiros e que non son outra cousa que o inicio dunha longa e brillante traxectoria.
NORABOA COMPAÑEIROS



xoves, 24 de xaneiro de 2013

domingo, 20 de xaneiro de 2013

VILALBA SUBE AO PODIO NO CAMPIONATO GALEGO DE LOITAS OLÍMPICAS

Pontevedra acolleu este fin de semana os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías cadete e senior onde os equipos lucenses tiveron unha importante actuación. Vilalba subiu ao podio na clasificación por equipos en tódalas categorías acadando na modalidade de grecorromana o primeiro posto en cadete e o  segundo posto na categoría senior, mentras que na modalidade de libre olímpica acadouse o segundo posto na categoría cadete e o terceiro na categoría sénior.
Destacar tamén o terceiro posto por equipos dos compañeiros do club Rábade en grecorromana categoría cadete, histórico podio o acadado polo compañeiros rabadenses entre os que destacan o segundo posto de Angel Campo Andón en menos de 85 kg e o bronce de Cristian Pumares Varela. Na categoría senior os rabadenses tamén obtiveron varias preseas na clasificación individual como os bronces de David Grandío Piñeiro en menos de 84 kg e de Martín Vázquez Diéguez en menos de 96 kg.
A nivel individual Vilalba acadou medallas na maioría das categorías. Na categoría cadete menos de 42 kg Roberto Díaz Orosa obtivo a prata en libre olímpica e o ouro en grecorromana, mentras que Ramón Monasterio Portela acadou o ouro en menos de 85 kg tanto en libre olímpica como en grecorromana.
En canto aos nosos senior destacar as pratas de Marcos Carral Suárez en menos de 60 kg tanto en libre olímpica e grecorromana, os Ouros de Jose Luís Puentes en ambas modalidades en menos de 84 kg, o bronce de Marcos Miragaya en libre olímpica en menos de 96 kg. A máxima categoría estivo dominada polos lucenses, así na modalidade de libre olímpica impúxose o loitador vilalbés Catriel Pehuén Muriel que alcanzou o ouro trala ausencia do tamén vilalbés Jose Cuba por lesión e ao impoñerse ao lucense Nicolás López Gredilla do club Lugo que rematou en 2º posto que ao mesmo tempo se impuxo ao vilalbés Francisco Monasterio que se conformou co bronce. Na modalidade de greco e seguindo coa máxima categoría, foron de novo os lucenses os claros dominadores onde Francisco Monasterio (Vilalba) fíxose co ouro, Nicolás López (Lugo) coa prata e Catriel Pehuen (Vilalba) co bronce.
Moitos destes deportistas serán seleccionados para participar nos próximos campionatos de España que terán lugar a finais de Febreiro en San Javier (Murcia) onde agardamos que a provincia de Lugo se convirta en peza fundamental para que o equipo galego acade os primeiros postos por seleccións, moi de cerca seguriremos as actuacións dos vilalbeses José Cuba e Jose Luís Puentes sen olvidarnos das novas promesas como Nicolás López , Francisco e Ramón Monasterio.
VER FOTOS DA ACTIVIDADE

mércores, 16 de xaneiro de 2013

CAMPIONATO GALEGO SENIOR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

Este sábado terá lugar na cidade do Lérez o Campionato Galego de Loitas Olímpicas das categorías Senior e Cadete. De aquí sairán os compoñentes da selección galega que nos representará nos próximos campionatos de España que se disputarán en San Javier (Murcia)  o 9 de Febreiro.
Vilalba viaxará a Pontevedra cun equipo moi reducido, a tónica xeral das últimas tempadas, pero con moitas posibilidades de acadar primeiros postos individuais e por equipos, tarefa complicada ollando a magnífica evolución que están a ter os equipos da provincia de Pontevedra como o anfitrión (dirixido polo vilalbés Marcos Miragaya), o Keltoi de Pontevedra ou o San Ignacio de Vigo.
O equipo vilalbés estará composto por:
CATEGORÍA CADETE:
  • RAMÓN MONASTERIO- menos de 85 kg.
  • ROBERTO DÍAZ OROSA- menos de 42 kg.
CATEGORÍA SENIOR:
  • MARCOS CARRAL SUÁREZ- menos de 60kg.
  • PABLO CHAO DURÁN- menos de 74 kg.
  • JOSE LUÍS PUENTES SEOANE- menos de 84kg.
  • MARCOS MIRAGAYA LAMA- menos de 96 kg.
  • CATRIEL PEHUEN MURIEL- menos de 120 kg.
  • FRANCISCO MONASTERIO PORTELA- menos de 120 kg.
  • JOSE CUBA- menos de 120 kg (dúbida por lesión).
Os outros equipos lucenses con representación en Pontevedra serán o Lugo e o Rábade, este último con moitas posibilidades de acadar medallas na categoría cadete. Nicolás López (bicampeón de España Júnior) será o máximo representante do clube lucense e dun principais candidatos a disputar con Cuba os primeiros postos da máxima categoría.
Boa sorte a todos.