luns, 25 de febreiro de 2013

A PRENSA RECOLLE A NOVA SOBRE O ÉXITO DOS LOITADORES GALEGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA




4 MEDALLAS PARA OS LUCENSES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

De novo a nosa provincia voltou a vertebrar os éxitos da selección galega nos campionatos de España Senior e Cadete que se celebraron esta fin de semana en San Javier (Murcia). Aínda que os resultados non foron os esperados facéndose notar a ausencia de José Cuba, os galegos foron quen de subir ao podio por equipos en casi todas as categorías, especialmente en cadete feminino onde Galicia acadou o primeiro posto por seleccións.
Queremos resaltar que dos catro lucenses que viaxaron a Murcia todos regresaron coas súas respectivas preseas aínda que os únicos ouros galegos viñeron da man das rapazas máis novas. Cristina Alves (San Ignacio), Lydia Pérez (Pontevedra) e Cora Ayude (Escola Ayude de Melide) subiron ao máis alto do podio nos seus respectivos pesos da categoría cadete. Lembrar que se ben Cristina pertence a un clube de longa traxectoria, tanto Cora como Lydia pertencen a clubs de recente creación xurdidos a partires das campañas de promoción da Federación Galega de Loita nos centros educativos, o clube de Pontevedra chegou incluso a subir de novo ao podio acadando o terceiro posto na clasificación por clubs. Pra Nós isto é unha grande satisfación non so polo feito de que sexan compañeiros senón que tamén por tratarse dun éxito persoal do seu adestrador Marcos Miragaya, deportista de Vilalba que apostou por facer de Pontevedra un dos mellores clubs do estado.
En canto aos nosos deportistas destacar a prata de Francisco Monasterio que ocupou o posto de José Cuba en menos de 120 kg libre olímpica acadando un bo resultado no seu primeiro ano de senior, e a pratas de Jose Luís Puentes en menos de 84 kg libre olímpica senior e o bronce de Ramón Monasterio en menos de 85 kg libre olímpica cadete.
Non podemos esquencernos do bronce acadado por Nicolás López do Clube de Loitas Lugo na categoría sénior en menos de 120 kg grecorromana. O lucense, sendo aínda junior, estivo a piques de chegar a final poñendo en apretos ao actual campión de España e principal favorito. De novo un deportista con gran potencial que xurde das campañas de promoción nos centros educativos da provincia, campañas que están a verse reducidas pola falta de apoio da administración autonómica.
VER MÁIS FOTOS



venres, 15 de febreiro de 2013

SALVEMOS ÁS LOITAS OLÍMPICAS. SAVE OLYMPIC WRESTLING

8 ABANDERADOS DA CERIMONIA DE APERTURA DE LONDRES ERAN LOITADORES

Estas son algunhas das cousas que a Comisión Executiva do COI non tivo ou non quixo ter en conta cando elaborou a súa "proposta".
Se de todo isto sae algo  bo, é a publicidade que se lle está a facer a este deporte, dando a coñecer á xente do noso estado os impactantes datos dun deporte que aquí chamamos minoritarios pero que conta con 180 federacións nacionais afiliadas á Federación Internacionale e é practicado por máis de 80 millóns de deportistas en todo o mundo según os datos do propio COI.
Xa comeza a ser sospeitoso que unha decisión tomada por 15 persoas no máis estricto segredo, pretenda sacar dos Xogos Olímpicos non só ao deporte que deu orixe aos propios xogos, senón que tamén a un dos máis practicados e que mellor simboliza o principios universais da Carta  Olímpica.
VER ENLACE DE ABANDERADOS EN LONDRES

xoves, 14 de febreiro de 2013

Conmoción mundial pola proposta da Comisión Executiva do COI de eliminar as loitas olímpicas do Xogos para 2020

Nos aínda non somos capaces de asimilar esta nova. Parece ser que a Comisión Executiva do COI acaba de aprobar a proposta para levar á sesión a supresión das loitas olímpicas do programa dos Xogos Olímpicos para 2020.
Sei que nun contesto estatal esta nova pode supor algo irrelevante pero como poderedes observar non é así a nivel mundial, pois a nova supón un ataque directo á propia línea de flotación do olimpismo. O triste é que a decisión parece ser tomada en contra dos propios principios da Carta Olímpica ao pretender impoñer os intereses persoais dalgúns membros da comisión aos propios intereses do movemento olímpico.
A prensa internacional e as organizacións deportivas estanse a poñer en pé de guerra arroxando datos demoledores sobre a saúde deste deporte a nivel mundial (180 federacións nacionais afiliadas e máis de 80 millóns de licenzas mundiais) que convirten ás loitas olímpicas nun dos deportes con maíor implantación no planeta. Datos que a algúns nos fan cuestionar a implicación dalgúns membros do COI con respecto aos valores da Carta Olímpica polos que fixeron xuramento.
A nivel do estado podedes ollar a nova que se recolle no Marca e que arroxa datos moi interesantes da motivación desta proposta (VER DIARIO MARCA).
Internacional:
Xapón: Conmoción en Xapón pola decisión do COI de excluir á Loita
USA:
The Guardian
the mat
Excluir a loita das Olimpiadas foi un erro
Armenia:http://www.panarmenian.net/eng/news/145432/
IRÁN: IRÁN CONSTERNADA ANTE LA PROPUESTA DE SACAR LA LUCHA DEL PROGRAMA OLÍMPICO
 E moitos máis, pero quero resaltar esta nova que recolle un xornal ruso e que titula que Rusia, USA e Irán únense para loitar pola loita. Os seus comites olímpicos e os membros das súas respectivas federacións presionarán ao COI para que se dean conta do tremendo erro que pode supoñer levar a cabo a proposta de sacar dos Xogos Olímpicos a un dos deportes máis importantes dos seus países. VER NOVA

mércores, 6 de febreiro de 2013

RESULTADOS DO GALEGO JUNIOR E ESCOLAR NA PRENSA

A pesares de que algúns dos medios esquencéronse de nomear as pratas de Ramón Monasterio en menos de 84 kg, queremos agradecer a o traballo de difusión que se está a dar dos nosos deportistas.
Pra ver calquera das novas preme no logo:
LA VOZ DE GALICIA 5/02/2013

sábado, 2 de febreiro de 2013

PLENO DE PODIOS DOS EQUIPOS LUCENSES NO CAMPIONATO GALEGO DE LOITAS OLÍMPICAS

Este sábado disputáronse na capital galega os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías escolar (ata 14 anos) e Júnior (ata 19 anos). Case todos os loitadores que representaron á nosa provincia a través dos diferentes clubs foron capaces de subir ao podio obtendo as correspondentes medallas.
Vilalba dos tres loitadores que participaron acadou tres ouros e dúas pratas, un ouro de Roberto Díaz  Orosa na categoría de escolar en menos de 38 kg e dous ouros de Catriel Pehuén en menos de 120 kg, un en grecorromana e outro en Libre Olímpica vencendo nas finais ao actual campión de España da categoría, o lucense Nicolás López.  As pratas pra Vilalba as trouxo Ramón Monasterio que subiu ao podio en menos de 84 kg en ambas modalidades, temos que recoñecer o progreso desta promesa vilalbesa, pois sendo aínda cadete de primeiro ano disputou ambas finais ante o actual campión de España.
Ademais de Nicolás López (Club de Loita Lugo) que acadou senda pratas en libre olímpica e grecorromana, temos que mencionar o meritorio papel desempeñado polos nosos compañeiros de Rábade que trouxeron para a nosa provincia tres medallas máis na categoría de Escolar. Un ouro de Angel Campo en menos de 85 kg, e as pratas de Jonathan Pernas en menos de 66 kg e Cristian Pena en menos de 53 kg. O mérito é maior pois todos eles ao igual que o vilalbés Roberto Díaz son escolares de primeiro ano agás Xico Fernández, que sendo aínda alevín completou a participación rabadense acadando o quinto posto en menos de 53 kg.
Deste xeito a nosa provincia contará con varios representates na selección galega que disputará os próximos campionatos de España que se celebrarán en Albolote (Granada) o próximo mes de Marzo.
VER FOTOS