domingo, 10 de marzo de 2013

ROBERTO DÍAZ OROSA CAMPIÓN DE ESPAÑA ESCOLAR


O vilalbés Roberto Díaz Orosa proclamouse campión de España Escolar de loitas olímpicas. Roberto que participou na categoría de menos de 38 kg foi peza fundamental para que a selección galega acadase o primeiro posto por equipos da categoría escolar.
O vilalbés foi un dos 5 ouros que o equipo galego trouxo de Granada,  Aitor Álvarez (Sabarís de Baiona), Alberto Bermejo (Kuzushi de Vigo), Dafne Acuña (Kuzushi), Patricia López (Ayude de Melide) e Iris Miguelez (Keltoi de Vila de Cruces) completan os primeiros postos acadados polos galegos na categoría escolar.
A representación lucense en Granada acadou outro importante éxito da man do rabadense Angel Campo que obtivo o bronce na categoría de menos de 85 kg.

O tamén rabadense Jonathan Pernas rematou nun meritorio 5º posto na masificada categoría de menos de 66 kg.
A mala nova ven da man de Nicolás López Gredilla (Clube de Loita Lugo) que no camiño á final en menos de 120 kg da categoría Junior sufriu unha lesión de xeonllo que o deixou fora da competición. O lucense que era unha das maiores esperanzas de ouro na modalidade de grecorromana e que aspiraba a revalidar o seu título de campión de España Júnior, perderá así parte da tempada. Unha tempada na que aspiraba a participar nos campionato continental e mundial ao demostrar a súa potencialidade nos pasados campionatos de España senior onde acadou o bronce.
Queremos darlle a noraboa a todos, e dun xeito moi especial o noso ánimo a Nico para que se recupere e volte pronto a deleitarnos do seu bo facer.
Os equipos galegos Escolar e Junior