martes, 28 de xaneiro de 2014

ERRO NAS ELIMINATORIAS DO CAMPIONATO GALEGO

Debido a un erro na clasificación das roldas dos enfrontamentos do campionato galego escolar de loitas olímpicas, Roberto Díaz Orosa aparece na clasificación como segundo clasificado. Repetimos que isto é un erro cometido pola organización, e que a pesar de que os erros son normais temos que lembrar que Roberto non perdeu ningún enfrontamento, que dende a federación fixéronnos saber que lle farían chegar a medalla de campión e que polo tanto está directamente clasificado para os próximos campionatos de España escolar en Madrid onde tentará revalidar o título de campión de España que xa obtivera o ano pasado en Murcia.
Publicamos esta nova porque dende o clube enviamos aos medios e administracións o primeiro posto deste deportista, dato que non concorda cos resultados oficiais publicados dende a federación galega. Esta información que aquí publicamos podedes confirmala directamente na Federación Galega de Loita.

NICOLÁS GREDILLA E RAMÓN MONASTERIO NO MÁIS ALTO

Na pasada nova que colgamos esquecímonos inxústamente, aínda que sin querer, dunhas das grandes promesas do noso deporte, trátase de Nicolás López do Clube Lugo e que xunto con Ramón Monasterio foron os únicos ouros para  a nosa provincia no pasado campionato galego júnior.
Ámbolos dous deportistas alzáronse co ouro nas dúas modalidades posibles, e se ben Nico o fixo na categoría pesada, Ramón o conseguíu en menos de 97 kg.
Agora os dous representarannos no próximo campionato de España da categoría onde Nico tentará revalidar o seu título de Campión de España. Ramón pola súa banda tentará dar a sorpresa subindo ao podio, pois iste será o seu primeiro ano nesta categoría. Estamos seguros que a súa mocidade non será un problema para loitar polos primeiros postos.
NORABAO AOS DOUS E ÁNIMO PARA AS PRÓXIMAS CITAS¡¡¡

domingo, 26 de xaneiro de 2014

VILALBA REMATA NO 3º POSTO NO GALEGO ESCOLAR

O nosos deportistas veñen de competir no Campionato Galego de Loitas Olímpicas das categorías escolar e júnior onde acadaron moi bos resultados. Na categoría escolar destacaron os primeiros postos de Carlos García en menos de 42kg e de Roberto Díaz en menos de 47 kg. Brais Arias e Caique de Meneces obtiveron sendos bronces en menos en de 53 e 59kg respectivamente o que serviu para que Vilalba viñese co 3º posto equipos.
Na categoría junior Ramón Monasterio acadou o ouro nas modalidades de libre olímpica e de grecorromana.
Moitos destes deportistas participarán no próximo campionato de España que se celebrará en Madrid o 1 de marzo.
Os compañeiros de Rábade tamén tiveron unha moi boa actuación esta fin de semana en Vigo subindo ao podio en varias categorías. Jonathan Pena acadou a prata en menos de 73 kg, Xico Fenández bronce en menos de 66 kg y Cristina Pena 5º en menos de 59 kg.