sábado, 26 de abril de 2014

VILALBA-XERMADE 3º E RÁBADE 9º NO XXIV TROFEO NACIONAL DO KUZUSHI

Os nosos deportistas tiveron unha boa xornada en Vigo, acadando o 3º e o 9º posto por equipos para o Vilalba-Xermada e o Rábade no XXIV Trofeo Nacional do Kuzushi que reuniu a equipos de todo o estado.
O Clube Vilalba estivo representado por deportistas das escolas de Vilalba e de Xermade obtendo os seguintes resultados:

  • Adam Blanco (Xermade)- 1º en Alevín menos de 42 kg.
  • Noé Díaz (Xermade)- 3º en Alevín menos de 55 kg.
  • Gabriel Blanco- 1º en Benxamín menos de 33kg.
  • Roberto Díaz (Vilalba)- 1º en Escolar menos de 47 kg.
  • Carlos García (Vilalba)- 2º en Escolar menos de 53 kg.
  • Caique de Meneces (Vilalba)- 2º en Escolar menos de 59 kg.
Os resultados dos compañeiros de Rábade foron os seguintes:
  • Cristian Trashorras- 4º en Benxamín menos de 33kg.
  • Iván García-4º en Alevín menos de 42 kg.
  • Cristian Pena-4º en Escolar menos de 59 kg.
  • Laura Arias-2ª en Escolar menos de 52 kg.
  • Georgan Dimitrova- 3ª en Escolar menos de 52 kg.
Noraboa a todos e ánimo para seguir traballando!!

OS CLUBES VILALBA-XERMADE E RÁBADE NO TROFEO NACIONAL KUZUSHI

Os clubs Vilalba-Xermade e o Rábade viaxan hoxe a Vigo para participar no XXIV Trofeo Nacional do Kuzushi de loitas olímpicas no que se enfrontarán a equipos Navarros, Murcianos e Portugueses ademais doutros equipos galegos.
Este trofeo é unha grande oportunidade para os xóvenes deportistas que buscan gañar experiencia na competición polo que son moitos os clubs que hoxe viaxarán a Vigo para participar nesta cita clásica.
Vilalba viaxará cun equipo composto por deportistas de Vilalba e da escola de Xermade. Todos eles estarán capitaneados por Iván Paredes e Marcos Carral.
Boa sorte a todos!!

mércores, 16 de abril de 2014

OS NOSOS DEPORTISTAS CONVIVEN CON ALGÚNS DOS GRANDES DESTE DEPORTE

Lidia e Ramón con V.Jordanov
Ramón Monasterio e o resto dos galegos concentrados coa selección española en Rumanía están a adestrar cada día baixo a tutela dalgúns dos mellores deportistas da historia da loita. Este é o caso do búlgaro Valentín Jordanov, Campión Olímpico en Atlanta e 7 veces campión mundial da categoría de menos de 52 kg,  ao que os nosos deportistas puideron coñecer durante a competición do fin de semana.
Estes son as viaxes que un nunca esquece, nelas descubres novas experiencias como a de competir en pavillóns ateigados de público, algo descoñecido na nosa terra para este deporte, ou o contacto con algúns dos deportistas que no futuro serán as grandes figuras da loita.
Agardamos que a disfruten todo o que podan e desexamos poder seguir a traballar para axudar con viaxes coma esta ao desenrolo das nosas promesas. 

domingo, 13 de abril de 2014

RAMÓN MONASTERIO ACADA O BRONCE EN RUMANÍA

O vilalbés Ramón Monasterio ven de acadar o seu primeiro éxito internacional ao acadar o bronce no torneo internacional Gheroghe Berceanu & Vasile Iorga que se celebrou esta fin de semana en Bucarest. Ramón que disputou a categoría de menos de 100 kg cadete estivo a piques de clasificarse para a final ao empatar co representante húngaro, pero a falla de experiencia nestas citas beneficiou ao húngaro que rematou nun segundo posto.
O combinado español estivo composto por outros galegos dos que destacamos a Noelia Lalín do Keltoi de Vila de Cruces que acadou a prata na categoría júnior menos de 72 kg e Lidia Pérez do Pontevedra que tamén trouxo un bronce en cadete menos de 60kg.
Outros galegos como Nicolás López (Lugo), Bruno Agra e Xandre Freire (Ayude de Melide) ou Omar Martínez (Sabarís) non lograron subir ao podio a pesares da so seu bo traballo tal e como nos indicou o seleccionador desprazado, o tamén vilalbés Nicolás Castro.
Agora todos eles permanecerán concentrados ata o próximo día 17 na capital romaní para adestrar cos equipos nacionais de potencias como Bulgaría, Hungría ou a propia Rumanía.
Sorte a todos!!

mércores, 9 de abril de 2014

DOUS LUCENSES NO INTERNACIONAL DE BUCAREST

Nicolás López (Lugo) e Ramón Monasterio (Vilalba) formarán parte do combinado español que hoxe parte cara á capital de Rumanía para participar nun dos torneos de categorías inferiores máis importantes do continente. Os lucenses forman parte dun equipo de máis 20 deportistas de todo o estado e estarán dirixidos polo tamén vilalbés Nicolás Castro que viaxará como seleccionador do equipo cadete.
Nicolás disputará a categoría de 120 kg júnior grecorromana, mentras que Ramón se enfrontará en menos de 100kg libre olímpica cadete.
Trala competición que terá lugar entre o 11 e 13 de Abril, os nosos deportistas quedaranse a adestrar durante dez días en Rumanía coa seu equipo nacional.
Boa sorte a todos e ánimo.