luns, 16 de febreiro de 2015

A FGL CORRIXE A CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS NO RECONTO DAS PUNTUACIÓNS.

Acabamos de recibir a corrección do reconto dos puntos na clasificación por equipos deste pasado campionato galego cadete na modalidade de libre olímpica. Na clasificación por equipos aparecían en primeior lugar o Sabarís, en segundo o San Ignacio e no terceiro posto o compañeiros de Rábade. Tras o reconto definitivo tras un erro nas puntuacións o terceiro posto por equipos pasa a ser do Vilalba quedando os dous primeiros de maneira invariable. O Rábade a pesares de ter un campión e varios medallistas pasaría á 5ª posición por detrás do Stellae de Nicolás Castro.
Finalmente a clasificación por equipos para os clubs lucenses foi a seguinte:

VILALBA:

  • Primeiro posto en Cadete Masculino Grecorromana.
  • Terceiro Posto en Cadete Masculino Libre Olímpica.
  • Primeiro posto en Senior Libre Masculino Olímpica.
  • Segundo posto en Senior Masculino Grecorromana.
RÁBADE:
  • Segundo posto en Cadete Masculino Grecorromana.
  • Terceiro posto en Cadete Feminino.
Tamén temos que correxir os resultados de Caique de Meneces que acadou un ouro en cadete grecorroman en menos de 63 kg e non unha prata como puxemos na nova anterior.

Moitas grazas e desculpade as molestias.

sábado, 14 de febreiro de 2015

JOSE CUBA COMEZA A SÚA PREPARACIÓN CLASIFICATORIA DESPUTANDO O GALEGO

VER EDICIÓN EN CASTELLANO
 O vilalbés José Cuba tomou o campionato galego de hoxe como o punto de partida para a súa preparación para os clasificatorios para os Xogos Olímpicos de Río 2016. Cuba que xa desputou o Grand Prix de París hai 15 días e no que acadou o 9º posto, impúxose hoxe no evento que se celebrou no CGTD de Pontevedra.
Este luns comezará un complexo programa de prepración deportiva que lle axude a acadar o máximo rendemento de cara ao próximo mundial de Las Vegas, pero antes terá que superar o requisito dos campionatos de España que terán lugar a mediados de marzo en Madrid.
Na capital do estado Cuba verase acompañado doutros loitadores vilalbeses como Pablo Chao que hoxe tamén se impuxo na súa categoría ou Francisco Monasterio que dominou os pesos pesados na modalidade de grecorromana.


ÉXITO DA LOITA LUCENSE NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE LOITAS OLÍMPICAS SENIOR E CADETE

Os loitadores dos clubs de Rábade e Vilalba destacaron hoxe nos campionatos galegos de loitas olímpicas que se celebraron no pavillón do CGTD de Pontevedra subindo ao podio en tódalas categorías. En concreto o Club Vilalba acadou o primeiro posto por equipos na categoría cadete na modalidade de grecorromana e na categoría senior en libre olímpica e segundo en grecorromana. Polo súa banda os compañeiros do Rábade acadaron o segundo posto en cadete grecorromana e o terceiro posto  en cadete libre olímpica e cadete libre feminina.
Hai que recoñecer o progreso que está a experimentar a loita na provincia e que de seguro irase materializando en máis e mellores resultados de novos deportistas que siguen a estela doutros loitadores como Nicolás Castro ou José Cuba. Precisamente Cuba (Vilalba) foi o gran dominador da máxima categoría ao impoñerse en libre olímpica a Francisco Monasterio que rematou en segundo posto e Catriel Pehuén  que acadou o bronce, ambos tamén loitadores do Vilalba. José Cuba centrarase agora en comezar un complexo programa de adestramento para preparar o próximo campionato de España e a posterior clasificación para os Xogos de Río 2016.
O outro gran éxito para Vilalba veu da man de Pablo Chao "Chuli" que alzouse co ouro en menos de 74 kg tanto en libre olímpica como na modalidade de grecorromana. Este é un magnífico resultado nesta complexa categoría e moi esperado por este deportista que tanto se esforzou por acadalo.
En cadete temos que resaltar tamén os ouros de Roberto Díaz Orosa (Vilalba) en menos de 50 kg tanto en libre como en greco, así como o de Cristian Pumares (Rábade) que amosou unha grande superioridade na categoría. Caique de Meneces en greco menos de 63 kg e Cristian Pumares en ambas modalidades en menos de 76kg e Yago López en menos de 85 kg deron a sorpresa ao acadar sendos ouros que os clasifican para participar no campionato de España dentro dun mes.
Pero os podios dos loitadores lucenses foron máis de feito, todos los deportistas da provincia subiron ao podio. O resumo dos principais resultados foron os seguintes:

VILALBA:

+SENIOR:
  • José Cuba Vázquez. Ouro en libre olímpica menos de 125 kg.
  • Francisco Monasterio: Ouro en Grecorromana e prata en libre olímpica menos de 125 kg.
  • Catriel Pehuén: bronce en libre olímpica e prata en grecorromana menos de 125 kg 
  • Ramón Monasterio Portela: Prata en libre olímpica e grecorromana menos de 96 kg.
  • Angel García Roibás: Bronce en libre olímpica menos de 96 kg.
  • Pablo Chao Durán: ouros en libre olímpica e grecorromana en menos de 74 kg.
  • Marcos Carral Suárez: Bronce en libre olímpica menos de 65 kg.
+CADETE:
  • Roberto Díaz Orosa: Ouros en menos de 50 kg en Libre Olímpica e Grecorromana.
  • Carlos Yobanni García:  Prata en menos de 55 kg en Libre Olímpica e Grecorromana.
  • Yago López Fernández: Ouros en menos de 85 kg en Libre Olímpica e Grecorromana.
  • Caique de Meneces: Ouro en grecorromana e  prata en libre Olímpica  en menos de 63 kg.

RÁBADE:

+SENIOR:

  • Martín Vázquez:  prata en libre olímpica e bronce en grecorromana en menos de 84 kg.
  • David Grandío: bronce en libre olímpica e prata en grecorromana en menos de 84 kg.
  • Laura Pena: prata en menos de 48 kg.
+CADETE:
  • Cristian Pena: Bronce en grecorromana e cuarto en libre olímpica en menos de 58 kg.
  • Cristian Pumares:Ouros en libre olímpica e grecorromana en menos de 76 kg.
  • Angel Campo: bronce en libre e prata en grecorromana en menos de 100 kg.
  • Laura Arias:  prata en menos de 52 kg.
  • Gergana Dimitrova: prata en menos de 60 kg.
Queremos agradecer ao Clube de Loita de Lugo e a Pablo Pintos por axudarnos coa cesión de xuíces, sen a súa colaboración os nosos clubes non poderían tomar parte do evento, así como o traballo do tamén vilalbés Marcos Miragaya que como responsable do Clube Pontevedra organizou un evento digno de resaltar.
Para finalizar felicitar a todos os gañadores e en especial aos clubs Keltoi, San Ignacio e Sabarís por subir ao máis alto do podio nalgunha das categorías.
Noraboa a todos!!
VER MÁIS FOTOS

venres, 13 de febreiro de 2015

NICOLAS CASTRO COMO ADESTRADOR EN CUBA

O vilalbés Nicolás Castro regresa a Cuba  para asistir aos prestigiosos torneos internacionais de Cerro Pelado e o Gramma pero nesta ocasión como parte do corpo de seleccionadores estatais.
O vilalbés xa estivera concentrado no país caribeño durante un mes a principios dos dos mil disputando ambos eventos. Durante a súa estancia no centro olímpico da Habana entablou amizade con algúns dos loitadores do momento como o campión mundial Alexis Rodríguez que años despois foi o noso convidado aquí en Vilalba axudando a José Cuba na súa preparación preolímpica.
Hoxe como adiestrador, Nicolás da continuación á súa longa vida deportiva facendo de embaixador da súa terra e abrindo portas para que os nosos loitadores conten con máis posibilidades de viaxar e adestrar con deportistas de nivel internacional.
Nicolás permanecerà en Cuba preto dun mes e seguro que aproveitarà a súa experiencia para axudar ao equipo español de cara ás próximas citas internacionais.

luns, 2 de febreiro de 2015

JOSE CUBA REMATA NO 9º POSTO NO GRAND PRIX DE PARIS.

O vilalbés José Cuba achacou a falla de adestramento regular na capital francesa nesta primeira cita internacional da tempada. O noso deportista viaxou á competición co obxectivo de avaliar o estado de forma de cara aos preolímpicos que comezan no 2015, e aínda que caeu en primeira rolda ante o polaco Skaskiewicz afirma que as sensacións non son malas  e que conta con poder comezar a adestrar de maneira máis regular para afrontar a clasificación para os Xogos Olímpicos de Río 2016 con éxito.
O Grand Prix tamén supuxo a volta á competición internacional de Maider Unda que, ao igual que Cuba, tomou este evento como punto de partida para a súa preparación de cara aos clasificatorios. A vasca que tamén perdeu o primeiro combate, deu unha nova mostra de superación persoal ao demostrar un altísimo nivel de competición tras dar a luz hai pouco máis de 6 meses.
Esperamos poder poñernos a traballar con toda a ilusión para que podamos contar cun vilalbés na máxima competición.