sábado, 10 de decembro de 2016

I GALA DO DEPORTE DE VILALBA

O pasado xoves día 8 o deporte vilalbés celebrou a primeira gala do seu deporte para homenaxear ás figuras máis descatacas desta tempada así como a aquelas persoas que adican dun xeito especial o seu esforzo ao deporte e á mocidade.
Os momentos máis emotivos foron as mencións a título póstumo de deportistas e promotores do noso deporte como o xogador do Rácing Víctor Tato, recentemente falecido, ou os sempre recordados Javier González e Juan Antonio González Osorio.
No noso caso, estivemos emocinados durante toda a gala pois ademais dos recoñecementos de varios dos nosos deportistas conced
éuselles unha mención especial a varias das persoas sen as cales hoxe non poderiamos entender o noso club como tal.
Falamos das mencións a Jose Luís Díaz, primeiro adestrador e formador dos nosos técnicos e que foi o responsable de introducir aos primeiros loitadores vilalbeses neste deporte, e a Juan Carlos Quintana, responsable do centro Jansu que nos axudou a dar os primeiros pasos cedéndonos o uso gratuíto das súas instalacións durante moito tempo.
No apartado de premios, a Nicolás Castro recoñecéuselle como á mellor traxectoria deportiva, ao noso club como a mellor entidade, a Carlos Yobanni como o mellor deportista promesa e a José Cuba como ao mellor deportista.
Ademais de presentar a gala tamén recolleu o premio ao mellor deportista discapacitado o amigo Toni López.
Noraboa a todos!
VER MÁIS FOTOS DA GALA

domingo, 20 de novembro de 2016

JOSE CUBA OURO NO CAMPIONATO DO MEDITERRÁNEO

O vilalbés José Cuba acada o seu primeiro ouro no seu regreso á competición despois de 9 meses de parón tras a complicada lesión que sufriu no internacional Villa de París o pasado mes de xaneiro.
Aínda que gañou con certa soltura, o noso deportista manifestou
atoporse lonxe das sensacións que o acompañaban a pasada tempada cando estaba a medirse entre os mellores loitadores da categoría na puxa por acadar o pasaporte para os Xogos de Río.
Tras este primeiro resultado o noso deportista máis internacional comezará a preparar a principais citas da próxima tempada coa intención de voltar na mellor das formas á alta competición.
Xunto a Cuba tamén estiveron os vilalbeses Roberto Díaz e Carlos Yobanni García que participaron na categoría júnior en menos de 55 e 60 kg. Ningún
dos dous tivo moita sorte quedando fóra da loita polas medallas.
Roberto caeu en primeira rolda ante o maltés Giordimania e Carlos fixo o mesmo ante o actual campión de España da categoría, o asturiano Carlos Álvarez.
Temos que destacar que ambos loitadores son aínda cadetes e que foron convocados pola selección española júnior tras a boa tempada na que acadaron o campionato de España cadete e súa clasificación para os campionatos de Europa.
O outro lucense no campionato foi Nicolás López que acadou o quinto posto na categoría de 130kg na modalidade de grecorromana, tras caer en primeira rolda ante o grego Nicos Leon e na repesca ante o español Heredia.
Este torneo internacional é a mellor das maneiras de valorar a progresión dos nosos deportistas de cara as competicións do 2017.
VER MÁIS FOTOS

domingo, 11 de setembro de 2016

XOGADE 2016


INICIA O PRAZO PARA MATRICULARSE NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE VILALBA



CARLOS YOBANNI E ROBERTO DÍAZ OROSA BECADOS DE NOVO NO CGTD DE PONTEVEDRA

Os vilalbeses Carlos Sarita Yobanni e Roberto Díaz Orosa cursarán 4º da ESO no CGTD de Pontevedra ao serlles renovada a beca de residentes.
Os vilalbeses que rematan agora a pretempada no club vilalbés regrasarán esta semana aos adestramentos baixo as ordes de Alexander Katchalaev, compaxinando os adestramentos na cidade do Lérez cos adestramentos en Vilalba os venres e sábados.
Tras a súa experiencia nos campionatos de Europa cadete de loitas olímpicas celebrados en Estocolomo o pasado xullo, e aos que acudiron cunha axuda da Deputación de Lugo, agardan agora poder repetir os éxitos desta tempada na categoría júnior.
Noraboa e ánimo!.

domingo, 24 de xullo de 2016

CAMPIONATO DE EUROPA CADETE


Remata a participación dos vilalbeses Carlos Yobanni García e Roberto Díaz Orosa no Campionato de Europa Cadete de Loitas Olímpicas clasificándose nos postos 28 e 21 respectivamente. Carlos en menos de 58 kg perdeu na rolda de clasificación por 7-0 ante o húngaro Zoltan Vilhem nunha categoría dominada polo ruso Ali Sheriev.

Roberto, que disputou a categoría de menos de 54 kg, caeu nun axustado combate ante o italiano Felici Matrullo por 6-3. Nesta categoría o ouro foi para o grego Georgios Pilidis.

Ningún dos vilalbese puido loitar polas medallas ao non acceder ás repescas, aínda así amosaron un bo nivel con combates moi igualados que nos fan pensar no bo camiño comezado hai uns anos coas nosas categorías de base.

O outro galego en Suecia, Rafael Álvarez tamén caeu en primeira rolda por superioridade técnica ante o armenio Davit Gevorvyan en menos de 69 kg. 

Pero o grande éxito da loita española e galega veu da man da loita feminia. Por un lado a loitadora do Keltoi de Vila de Cruces Judit Varela en menos de 65 kg que acadou un histórico 7º posto para Galicia. A galega venceu en primeira rolda á estonia Marta Pajula, caeu en oitavos ante a húngara Emese Elekes que á postre dominou a categoría, o que lle deu a Judit a posibilidade de entrar na repesca polas medellas. Aquí a galega venceu no primeiro combate á turca Fredyie Askoy caéndo no pase á loita polo bronce ante a ucraniana Anastasiya Lavrenchuk.

O mellor resultado acadouno a andaluza Ana Torres cun bronce.

Os vilalbeses voltarán a Vilalba esta semana onde tomarán uns días de descanso ata o 17 de agosto, data na que comezaremos a pretempada e analizaremos os erros e posibles melloras de cara a próxima tempada. Tempada na que agora Roberto, Carlos e varios dos deportistas de Vilalba e Rábade acompañarán a Ramón Monasterio na categoría júnior. En cadete, destacar o segundo ano na categoría de Yago López que tentará repetir título de campión de España e desputar o europeo cadete con posibilidades dun bo resultado.

Noraboa a todos e ánimo para seguir mellorando!

xoves, 14 de xullo de 2016

OS VILALBESES ROBERTO DÍAZ OROSA E CARLOS YOBANNI GARCÍA PREPARADOS PARA O EUROPEO CADETE


Xa está todo listo para que os nosos deportistas viaxen a Suecia onde se medirán aos mellores loitadores cadetes do continente. Roberto Díaz e Carlos Yobanni, que agora ultiman a súa preparación na concentración estatal do CAR de Madrid, viaxarán este domingo cara a capital sueca para desputar o seu primeiro campionato europeo de loita.
Os vilalbeses formarán parte do combinado que disputará o europeo do o 19 ao 24 de xullo e no que tamén estarán os galegos Rafael Álvarez (San Ignacio) e Judith Varela (Keltoi) ademáis do burgalés Mario Alonso e o valenciano Javier Andújar. 
Carlos terá medirase na categoría de menos de 58 kg o día 19 mentras que Roberto fará o mesmo na categoría de menos de 54 kg ao día seguinte.
A participación dos vilalbeses no europeo foi posible á axuda extraordinaria da Deputación de Lugo, institución que sempre se mantivo activa no desenrolo e fomento deste deporte na provincia e sen a cal sería moi difícil falar hoxe desta nova xeración de deportistas que nos próximos anos liderará a elite do deporte lucense. Tamén temos que agradecer a colaboración das federacións galega e española por facilitar a participación dos nosos deportistas en cocentracións e actividades preparatorias para chegar á cita na mellor forma física.
O noso adestrador e técnico do equipo español Nicolás Castro que se atopa adestrando á selección española no CAR de Madrid amósase ilusionado coa participación dos vilalbeses en Estocolmo e, a pesares de que será o seu primeiro continental e o campionato máis duro no que participaron ate o de agora, agarda que os nosos deportistas saberán manter o nivel ante calquera rival que lles puidese tocar.
Os afeccionados, familiares e amigos poderán seguir os combates dos nosos loitadores en streaming na páxina oficial do evento (http://www.huddingebk.se/).

Moita sorte a todos e ánimo, todos estamos moi orgullosos deste rápaces!

domingo, 3 de xullo de 2016

CATRIEL PEHUÉN CAE EN PRIMEIRA ROLDA NO GRAND PRIX DE ALEMANIA

Catriel Pehuén non puido superar ao turco Dede Yunus Emre ante o que caeu por superioridade técnica. Tamén quedou fora da loita polas preseas ao perder o turco na segunda rolda ante o representante polaco Kamil Skaskiewicz.
Catriel comezou a tempada pasada a loitar por Arxentina ao ser becado no CENARD (Centro de Alto Rendemento), deixou Vilalba onde comezou a practicar este deporte para instalarse no seu país de orixe e onde lle brindaron máis posibilidades de adestramento.
Tras permanecer concentrado en Alemania varias semanas para preprarar a cita xermana viaxará esta semana a Lugo para preparar en Vilalba a súa participación no Gran Premio de España que se disputará o próximo 9 de xullo en Madrid.

LOITA NO CAMPAMENTO DO RACING VILALBÉS

Grazas aos organizadores do Campus Racing Club Vilalbés tivemos a oportunidade de participar neste evento apadriñado polo futbolista Roberto Trashorras e dar a coñecer un pouco máis o noso deporte entre os preto de 80 participantes.
Este é o segundo ano que nos convidaron a participar desta gran experiencia e agardamos poder seguir colaborando nas futuras edicións deste evento tan importante do verán vilalbés.
Moitas grazas.

CONCENTRACIÓN DE XÓVENES TALENTOS VILALBESES NO CGTD DE PONTEVEDRA


Esta semana rematou a primeira concentración de xóvenes talentos do CGTD de Pontevedra na que participaron varios loitadores vilalbeses. Esta concentración ten como principal obxectivo selecionar a aqueles loitadores galegos coas mellores aptitudes deportivas e académicas para seren becados como internos no centro de tecnificación deportiva de Pontevedra. Entre os seleccionados este ano atópase o vilalbés Rubén Fraga que tras acadar o primeiro posto no campionato galego escolar e aprobar todo en segundo da ESO poderá escoller agora entre continuar a estudar e adestrar en Vilalba ou concentrarse durante todo o ano nas instalacións do centro pontevedrés.
Actualmente no CGTD de Pontevedra atópanse estudando e adestrando os vilalbeses Carlos Sarita Yobanni e Roberto Díaz que entraron becados a pasada tempada tras acadar sendos campionatos de España cadetes. Os dous deportistas tamén participaron na concentración desta semana  co obxectivo de preparar a súa participación nos próximos campionatos de europa cadetes que se celebrarán a mediados de xullo en Estocolmo e na que participaremos grazas á axuda concedida pola Deputación de Lugo.
Na concentración pontevedresa tamén participou Yago López, que tras acadar tamén o campionato de España cadete foi solicitado polo técnicos da federación galega para axudar á preparación dos loitadores que preparan as súas citas internacionais.
Mañá comeza a segunda semana de concentración e Carlos, Roberto e Yago voltarán á cidade do Lérez para continuar a súa preparación. O 9 de xullo concentraranse no CAR do CSD de Madrid para ultimar a súa participación continental de Suecia.

domingo, 29 de maio de 2016

O EQUIPO DAS ESCOLAS DE VILALBA-XERMADE REMATAn 7º NO XOGADE

O equipo formado polas escolas municipais de Vilalba e Xermade e ven de acadar o 7º posto na competición deportiva en idade de escolar de loitas olímpicas que se disputou este sábado no pavillón municipal de Vila de Cruces.
O equipo acadou o 1º posto da Final B da fase final na que se enfrontaban os clubes  galegos clasificados entre os postos 7º e 14º.
O club clasificado en primeiro lugar foi o Cidade de Vigo que dominou a competición ao ter o equipo máis numeroso.
As nosas escolas a pesares de contaren con preto de 50 nenos e nenas inscritos nas categorías de base participamos con apenas 10 deportistas na fase clasificatoria o que non nos deixou opción de participar na final A, destinada aos equipos máis numerosos.
Esta competición ten un obxectivo lúdico-didáctico no que prima a participación en lugar do resultado deportivo, temos que lembrar que algúns dos deportistas da nosa escola que participaron nas diferentes xornadas aínda non cumpriron os 4 anos. Nesta edición, como nas pasasdas, todos os nosos deportistas pasáronno moi ben manifestando as súas gañas de voltar a competir, sendo iste o noso principal obxectivo. A competición infantil mal interpretada pode ser moi perxudicial para os nenos e nenas que comezan a práctica deportiva.
O noso equipo estivo formado pol@s seguintes deportistas:
Laura Paz Feal (Xermade).
Uxía Gómez Ares (Xermade).
Sabela Gómez Ares (Xermade).
Xoel López Roibás (Xermade).
Hector García Somoza (Vilalba).
Nicolás Díaz González (Vilalba).
Antón Debasa Seoane (Vilalba).
Xiao Seoane Vázquez (Vilalba).
Ainara Cancelo Cabaleiro (Xermade).
Davíd González López (Xermade).
Draison Pérez Henández (Vilalba).
Andi Maceira Vilasuso (Vilalba).
Alonso Maceira Vilasuso (Vilalba).
Noraboa a todos e ánimo para seguir pasándoo ben coa práctica do deporte!

domingo, 1 de maio de 2016

YAGO LÓPEZ CAMPIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL XÓVENES PROMESAS DE MURCIA

O vilalbés Yago López acaba de proclamarse campión do Torneo Internacional de Xóvenes Promesas que se disputou onte á tarde no CAR Infanta Cristina de Murcia. Yago participou na categoría cadete na modalidade de libre olímpica menos de 100 kg, vencendo na final a Hades Santana, sendo este o único enfrontamento da categoría.
O tamén vilalbés Carlos Sarita Yobanni García acadou a prata en cadete menos de 58 kg, sendo esta unha categoría máis concurrida aínda que sin participación estranxeira. Carlos que perdeu na final ante Mario Alonso, venceu en semifinais ao tamén vilalbés Roberto Díaz Orosa que á postre acadou o cuarto posto fóra dos postos de podio.
Aínda que o torneo contou con pouco participación era unha proba para a preselección do equipo cadete que disputará os próximos campionatos de Europa de Suecia. Os tres vilalbeses, a pesares de seren os actuais campións de España da súa categoría terán que demostrar na concentración internacioal que hoxe comeza no CAR de Murcia que están preparados para loitar internacionalmente, algo complicado para Roberto e Carlos ao non impoñerse neste evento aos seus rivais máis directos, no caso de Yago a dificultade ven pola súa mocidade pois a pesares do seu dominio na categoría aínda é cadete de primeiro ano.
Noraboa a todos e ánimo para seguir traballando nesta liña!!
VER FOTOS PODIO

domingo, 10 de abril de 2016

XORNADA NORTE DO XOGADE DE LOITA EN LUGO

Este sábado tivo lugar na Casa do Deporte de Lugo a Xornada Norte de Loita do programa XOGADE na que participaron 7 clubs das provincias de Lugo, Ourense e A Coruña.
Nós participamos con 11 deportistas das escolas de Vilalba, Xermade e Vilalba acadando o 4º posto por escolas.
Estas xornadas están orientadas á participación lúdica dos deportistas máis novos que buscan amosar o aprendido durante os adestramentos.
O noso equipo estivo representado por Laura Paz, Uxía Gómez, Sabela Gómez, Xoel López de Xermade, Hector García, Nicolás Díaz, Antón Debasa, Xiao Seoane, Lois López, Bruno Pintos e Martín Pena de Vilalba e Lois López de Rábade.
O próximo 16 de maio participaremos na Xornada Final do XOGADE en Santiago de Compostela e agardamos poder asistir cos casi 40 deportistas desta categoría cos que contamos nas nosas escolas e que se sumarán aos centos de xóvenes loitadores das 14 mellores escolas de Galicia.
Noraboa a todos!!

domingo, 3 de abril de 2016

A LOITA EN VILALBA (FUNDACIÓN TIC)


2 PRATAS E 2 BRONCES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA ESCOLAR E JUNIOR

A cidade de Pontevedra foi a anfitriona dos campionatos de España das categorías Escolar e Júnior que se desputaron onte pola tarde no Pavillón Municipal e que convocou ao mellor das categorías inferiores da loita española.
A nosa provincia desprazou á cidade do Lérez a 9 deportistas dos clubs de Vilalba e Rábade, conquerindo un total de 4 preseas deixando un balance anual de 14 preseas nos diferentes campionatos de España para deportistas lucenses (5 ouros, 5 pratas e 4 bronces).
Nesta edición destacaron as pratas en Júnior Libre Olímpica dos vilalbeses Carlos Yobanni García (menos 60 kg) e Ramón Monasterio Portela (menos de 96 kg) e os bronces dos rabadenses Laura Arias (menos de 51 kg) e Jonathan Pernas (84 kg), este último na modalidade de grecorromana.
Destacar que estes deportistas, agás Ramón, son aínda Cadetes (menos de 16 anos) o que nos da unha idea do seu potencial ao desputarlle os primeiros postos aos mellores loitadores estatais da categoría Júnior (menos de 20 anos), especialmente Carlos Yobanni que tras proclamarse campión de España Cadete e desputar agora a final da categoría Júnior certifícase como un dos principais candidatos para representar á seleción española nos próximos Campionatos de Europa.
Pola súa banda, Ramón Monasterio perdeu por superioridade técnica ante o Rama (Andalucía) que chegaba a Pontevedra como principal favorito tras acadar o bronce nos pasados absolutos de Murcia. Aínda que o vilalbés amosou unha certa mellora con respecto á pasada tempada, fixéronse patentes certas carencias na súa preparación que nos teñen que facer reflexionar para mellorar de cara ás próximas citas.
Na categoría escolar, os vilalbeses José Barrio Vilasuso (menos de 85 kg) e Rubén Fraga Cal (menos 66 kg) a pesares das gañas e o valor que  amosaron
non tiveron moitas oportunidades perdendo todos os seus enfrontamentos, algo normal tendo en conta que esta era súa primeira competición estatal.
A representación lucense completouse coa participación dos rabadenses Cristian Pena (menos de 60 kg, Libre Olímpica) e Cristian Pumares (menos e 74 kg, grecorromana) e o vilalbés Roberto Díaz (menos de 55kg, Libre Olímpica), este último resultou descalificado pola decisión salomónica do corpo arbitral tras unha acción antideportiva do seu adversario cando estaba desputando as semifinais da súa categoría. Este incidente, pode comprometer a súa clasificación para os Campionatos de Europa Cadetes, categoría na que se proclamou campión de España.
Queremos felicitar dun xeito especial a Judit Varela (Keltoi) e Lydia Pérez (Pontevedra) polos ouros acadados e o nivel amosado por estas grandísimas deportistas, felicitacións que queremos facer chegar tamén a Omar Rodríguez (Sabarís) que sendo aínda Júnior de primeiro ano acadou a prata agasallando ao público co que posiblemente foi o mellor combate da competición.
NORABOA A TODOS E AGORA A PREPARAR AS PRÓXIMAS CITAS INTERNACIONAIS!!
VER MÁIS FOTOS

sábado, 12 de marzo de 2016

ÉXITO DA LOITA LUCENSE NOS CAMPIONATOS GALEGOS ESCOLAR E JUNIOR: VILALBA CAMPIONA POR EQUIPOS

Acábanse de desputar os campionatos galegos de loitas olímpcias das categorías escolar e júnior no pavillón municipal Santa Isabel de Santiago de Compostela, e de novo a loita lucense voltou a destacar desputándolle á provincia de Pontevedra a súa tradicional hexemonía neste deporte.
O Club Vilalba foi o máis destacado acadando o primeiro posto por equipos na categoría junior tanto nas modalidades de libre olímpica como de grecorromana e o terceiro posto na categoría escolar.
En junior destacamos a participación de Ramón Monasterio (ouro en libre e en grecorromana), Yago López (Ouro en Libre e prata en grecorromana),  Roberto Díaz (ouro en libre e prata en grecorromana) e Carlos Yobanni (prata en libre e bronce en grecorromana).
En escolar o vilalbés Rubén Fraga acadou o ouro, mentras que Jose Barrio e xermadino Adán Blanco  acadaron unha prata e un bronce. Esta foi a estrea destes deportistas na competición escolar fóra das ligas alevíns, polo que pra nós teñen moito mérito os éxitos acadados.
Por outro lado, temos que facer unha mención moi especial á participación dos alumnos da Escola de Rábade, pois xa son unha das principais escolas galegas, especialmente na categoría feminina. O ouro acadado por Laura Arias, a prata de Sonia Roa e o bronce de Gergana Dimitrova marcan o camiño a seguir polo resto dos clubs lucenses en canto á promoción deste deporte entre as escolares. Tamén da escola de Rábade, hai que destacar o ouro de Jonathan Pernas en libre e grecorromana e os bronces de Angel Campo e Cristian Pena en libre olímpica e grecorromana, Cristian Pumares ademais dun bronce en libre olímpica tamén acadou a prata en grecorromana.
Ao final o Club Rábade dirixido por Marcos Carral fíxose  co Segundo posto por equipos en grecorromana na categoría júnior e o terceiro posto en libre olímpica.
O festival de preseas lucenses remata co ouro de Manuel Antón Nùñez Ferreiro en grecorromana e 4º en Libre Olímpica na categoría escola, o loitador do Club de Loita Lugo tamén se iniciaba nesta competición polo que non lle puiodo ir mellor ao deportista adestrado por Pablo Pintos.
A próxima cita para os campións será o Campionato de España Júnior e Escolar que terá lugar o próximo 2 de abril en Pontevedra. Varios dos nosos deportistas tentarán loitar polos primeiros postos na máxima competición do estado.
Noraboa a todos e ánimo para seguir traballando.

domingo, 6 de marzo de 2016

2 OUROS E UNHA PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SAMBO

Os deportistas Miguel Riopedre (menos de 52 kg) e Zaira Bermúdez (menos de 64kg) veñen de acadar sendos ouros nos Campionatos de España de Sambo que celebraron hoxe na localidade asturiana de Xixón, sendo ademais os únicos ouros da delegación galega desprazada a Asturias. Pola súa banda, tamén en 52 kg Adrián Imedio acadou a prata tras desputar a final co seu compañeiro de equipo.
Os tres deportistas que compiten polo Club Vilalba adestran no Club de Judo UDC da Coruña dirixidos polo prestixioso adestrador Eduardo Carballeira, seleccionador galego de judo e técnico de equipos internacionais como o universitario de Northumbria (Newcastle, Inglaterra).
Aínda que se trate de deportistas formados no clube coruñés, esta é a primeira participación do noso clube en Sambo, abrindo as portas para futuras participacións dos nosos deportistas nas disciplinas asociadas.
Noraboa a todos e mil grazas aos compañeiros da UDC da Coruña por pensar en nós para representarnos en Sambo!

domingo, 21 de febreiro de 2016

3 OUROS PARA VILALBA E UN 3º POSTO POR CLUBS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE MURCIA

 De novo os loitadores vilalbeses voltan a demostrar que a loita ten neste recuncho do país un auténtico viveiro de guerreiros, e é que tras 20 anos casi que de maneira consecutiva tendo campións de España e con máis do medio centear de títulos estatais entre os nosos deportistas, agora chega sabia nova para demostrarnos que isto aínda pode mellorar máis  e garantindo un dos futuros máis prometedores para o deporte galego.
O relevo ven da man de loitadores como Roberto Díaz Orosa (menos de 54 kg), Carlos Yobanni García (menos de 58 kg) ou Yago López Fernández (menos de 100kg) que acaban de proclamarse campións de España da categoría cadete  libre olímpica na competición que se celebrou onte pola tarde no Pavillón Municipal Príncipe Felipe de San Javier (Murcia). Os vilalbeses foron unha peza decisiva no primeiro posto  por seleccións en libre olímpica cadete masculino, xunto co outro ouro galego de Jesús Gonzálvez do Keltoi.
Este pleno de ouros vilalbeses serviron ademáis para colocar a Vilalba de novo no podio por equipos cun terceiro posto.
Tamén hai que destacar as actuacións do resto de loitadores da provincia como as dos rabadenses Christian Pena e Laura Arias que acadaron sendos bronces en 58 kg cadete grecorromana en libre feminina menos de 52 kg. O rabadense Jonathan Pernas non tivo oportunidade de loitar polas preseas na categoría de menos de 85 kg.
Na categoría senior a provincia tamén tivo representación, sendo a prata de Nicolás López (Lugo) en menos de 130 kg grecorromana o éxito máis salientable, éxito que por outro lado ven despois dunha lenta recuperación tras a súa operación de xeonllo. O vilalbés Ramón Monasterio en menos de 125 kg libre olímpica quedou fora da loita polas medallas despois de caer ante Gorgi Nogaev en primeira rolda e ante o vasco Unai Díaz na repesca polo bronce.
Queremos destacar os éxitos acadados polos deportistas doutros clubs capitaneados por adestradores vilalbeses, especialmente polos deportistas do Clube Pontevedra dirixido por Marcos Miragaya e os ouros de Carmen Salgado (cadete feminino en menos de 52 kg) e a prata de Lidia Pérez (senior feminino en menos de 58kg) así como a prata de Vladis Zernov do Stellae de Nicolás Castro en cadete menos de 48kg.
Agora toca por a vista nos próximos campionatos estatais, esta vez da categoría júnior onde Ramón Monasterio tentará alzarse co título en menos de 97 kg. Pola súa banda os cadete, en concreto Roberto e Carlos tentarán preparar a súa clasificación para os continentais cadete.
Noraboa e boa sorte a todos!
VER MÁIS FOTOS

domingo, 7 de febreiro de 2016

RAMÓN MONASTERIO PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB23

Este fin de semana tiveron lugar na localidade murciana de San Javier os campionatos de España de loitas olímpicas da recén estreada categoría de Sub 23, e aínda que a primeira edición estatal desta categoría non tivo o poder de convocatoria esperado, cabe destacar a participaron dos mellores puntais de cada delegación na súa categoría. No caso de Ramón Monasterio tivo que enfrontarse ao ruso Gorgi Nogaev en menos de 125 kg, e aínda que o combate foi para o ruso fichado pola delegación murciana con bastante superioridade, o vilalbés plantoulle cara a pesares de atoparse nunha categoría de peso e idade superiores á súa.
Ramón acudía á cita co obxectivo de rodarse tras unha lesión no ombreiro que o mantivo inactivo estas cinco últimas semanas, e aínda que botou en falla máis combates dada a reducida participación, nalgunhas categorías apenas chegaban aos tres participantes, as sensacións foron boas ao constatarse a súa recuperación e ao poder enfrontarse ao campión ruso que representou a esta potencia nos pasados campionatos de Europa Cadete.
A próxima cita de Ramón será o campionato de España absoluto do próximo 20 deste mes. De novo alí poderá enfrontarse ao ruso Nogaev ao que tentará superar, proba que lle servirá ao vilalbés para prepararse de cara ao seu verdadeiro obxectivo; o campionato de España Júnior en menos de 97 kg do mes de abril.
Por outro lado, destacar a gran participación do resto dos galegos en Murcia, especialmente a de Lydia López (Pontevedra), Sara Vieitez (San Ignacio), Sergio Turkan (Kuzhusi) e Damián Iglesias (Touro) que acadaron os ouros nas súas respectivas categorías.
Galicia acadou o bronce por equipos nas categorías de libre feminina e libre masculina, quedando fóra do podio na modalidade de grecorromana, a pesares do bronce acadado polo lucense Nicolás López en menos de 130 kg, bronce moi meritorio despois do parón de Nicolás tras unha operación de xeonllo.
Noraboa a todos e a prepararse para as próximas citas!! 

domingo, 31 de xaneiro de 2016

CUBA RETÍRASE NO PRIMEIRO ASALTO POR LESIÓN

O vilalbés José Cuba ten que retirarse na primeira rolda do Torneo Internacional de París por unha lesión no ombreiro. Cuba que estaba enfrontándose  ao georgiano Zuriko Urtashvili  co marcado en contra, tentou no minuto e medio do primeiro asalto unha técnica para remontar os catro puntos de diferenza. A contundente defensa do georgiano ante a mala posición do noso deportista provoulle a Cuba a saída do ombreiro esquerdo, lesión que o incapacitou para continuar na competición.
Tras as primeiras atencións médicas agora teremos que agardar ao seu regreso para coñecer o alcance da lesión e si esta lle apartará definitivamente de loitar pola clasificación olímpica.
Agora tócalle o turno ao resto de galegos desprazados a París, Noelia Lalín (Keltoi), Sara Viéitez (San Ignacio), Damián Iglesias (Touro) e Lydia Pérez (Pontevedra) tentarán dar a sorpresa nun dos torneos de maior prestixio en Europa.

sábado, 30 de xaneiro de 2016

NOVO ÉXITO DA LOITA LUCENSE NOS CAMPIONATOS GALEGOS DAS CATEGORÍAS SÉNIOR E CADETE


O progreso da loita lucense faise patente cos novos éxitos acadados polos nosos deportistas na edición dos campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías cadete e sénior que acaban de celebrarse no pavillón municipal de Vila de Cruces (Pontevedra).
Na categoría cadete destacar o pleno de ouros dos loitadores vilalbeses, Roberto Díaz (menos de 54kg), Carlos García Yobanni (menos de 58 kg) e Yago López (menos de 100kg) subiron ao máis alto do podio con doblete incluído tanto en libre olímpica como na modalidade de grecorromana. Na categoría senior foi Ramón Monasterio (menos de 125kg) o que acabou de sumar outro ouro para o equipo de Vilalba. Adrián Imedio (menos de 61kg) e Pablo Chao (menos de 86kg) culminaron a festa de preseas para Vilalba cunha prata e un bronce respectivamente.
Na clasificación por equipos Vilalba rematamos no segundo posto na modalidade de grecorromana e terceiros en libre olímpica na categoría cadete e outro bronce en libre olímpica na categoría senior.
O Clube de Loita Rábade asinou unha das súas mellores participación nuns campionatos galegos destacando os ouros de Laura Arias en menos de 52 kg cadete e Jonathan Pernas en menos de 85 kg  cadete tanto en libre olímpica como grecorromana. Pola súa banda, Cristian Pena alzouse coa prata en en menos de 63 kg cadete tamén ambas modalidades , Gergana Dimitrova co bronce en menos de 65 kg cadete, bronce que tamén acadou Cristian Pumares en menos de 74 kg senior tanto en libre olímpica como grecorromana.
O loitador do Clube de Loita Lugo, Nicolás López (menos de 130 kg) trouxo outro ouro máis para a provincia na modalidade de grecorromana senior.
Agora, moitos dos nosos deportistas porán a vista nos próximos campionatos de España Senior e Cadete que se terán lugar o próximo 20 e 21 de Febreiro en Murcia.
VER MÁIS FOTOS

martes, 12 de xaneiro de 2016

XORNADA TECNIFICACIÓN VILALBA 9 DE XANEIRO

Este sábado día 9 realizamos outra xuntanza de tecnificación e rendemento de loitas olímpicas en Vilalba coa vista posta na participación dos nosos principais deportistas nas próximas citas nacionais e internacionais. Máis de 30 deportistas dos clubs Stellae de Santiago, Rábade, Pontevedra, Lugo, Touro e Vilalba xuntáronse baixo as ordes de Nicolás Castro.
Estas xornadas son moi positivas para os nosos deportistas de cara a preparar as principais citas da tempada.