sábado, 12 de marzo de 2016

ÉXITO DA LOITA LUCENSE NOS CAMPIONATOS GALEGOS ESCOLAR E JUNIOR: VILALBA CAMPIONA POR EQUIPOS

Acábanse de desputar os campionatos galegos de loitas olímpcias das categorías escolar e júnior no pavillón municipal Santa Isabel de Santiago de Compostela, e de novo a loita lucense voltou a destacar desputándolle á provincia de Pontevedra a súa tradicional hexemonía neste deporte.
O Club Vilalba foi o máis destacado acadando o primeiro posto por equipos na categoría junior tanto nas modalidades de libre olímpica como de grecorromana e o terceiro posto na categoría escolar.
En junior destacamos a participación de Ramón Monasterio (ouro en libre e en grecorromana), Yago López (Ouro en Libre e prata en grecorromana),  Roberto Díaz (ouro en libre e prata en grecorromana) e Carlos Yobanni (prata en libre e bronce en grecorromana).
En escolar o vilalbés Rubén Fraga acadou o ouro, mentras que Jose Barrio e xermadino Adán Blanco  acadaron unha prata e un bronce. Esta foi a estrea destes deportistas na competición escolar fóra das ligas alevíns, polo que pra nós teñen moito mérito os éxitos acadados.
Por outro lado, temos que facer unha mención moi especial á participación dos alumnos da Escola de Rábade, pois xa son unha das principais escolas galegas, especialmente na categoría feminina. O ouro acadado por Laura Arias, a prata de Sonia Roa e o bronce de Gergana Dimitrova marcan o camiño a seguir polo resto dos clubs lucenses en canto á promoción deste deporte entre as escolares. Tamén da escola de Rábade, hai que destacar o ouro de Jonathan Pernas en libre e grecorromana e os bronces de Angel Campo e Cristian Pena en libre olímpica e grecorromana, Cristian Pumares ademais dun bronce en libre olímpica tamén acadou a prata en grecorromana.
Ao final o Club Rábade dirixido por Marcos Carral fíxose  co Segundo posto por equipos en grecorromana na categoría júnior e o terceiro posto en libre olímpica.
O festival de preseas lucenses remata co ouro de Manuel Antón Nùñez Ferreiro en grecorromana e 4º en Libre Olímpica na categoría escola, o loitador do Club de Loita Lugo tamén se iniciaba nesta competición polo que non lle puiodo ir mellor ao deportista adestrado por Pablo Pintos.
A próxima cita para os campións será o Campionato de España Júnior e Escolar que terá lugar o próximo 2 de abril en Pontevedra. Varios dos nosos deportistas tentarán loitar polos primeiros postos na máxima competición do estado.
Noraboa a todos e ánimo para seguir traballando.

domingo, 6 de marzo de 2016

2 OUROS E UNHA PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SAMBO

Os deportistas Miguel Riopedre (menos de 52 kg) e Zaira Bermúdez (menos de 64kg) veñen de acadar sendos ouros nos Campionatos de España de Sambo que celebraron hoxe na localidade asturiana de Xixón, sendo ademais os únicos ouros da delegación galega desprazada a Asturias. Pola súa banda, tamén en 52 kg Adrián Imedio acadou a prata tras desputar a final co seu compañeiro de equipo.
Os tres deportistas que compiten polo Club Vilalba adestran no Club de Judo UDC da Coruña dirixidos polo prestixioso adestrador Eduardo Carballeira, seleccionador galego de judo e técnico de equipos internacionais como o universitario de Northumbria (Newcastle, Inglaterra).
Aínda que se trate de deportistas formados no clube coruñés, esta é a primeira participación do noso clube en Sambo, abrindo as portas para futuras participacións dos nosos deportistas nas disciplinas asociadas.
Noraboa a todos e mil grazas aos compañeiros da UDC da Coruña por pensar en nós para representarnos en Sambo!