domingo, 29 de maio de 2016

O EQUIPO DAS ESCOLAS DE VILALBA-XERMADE REMATAn 7º NO XOGADE

O equipo formado polas escolas municipais de Vilalba e Xermade e ven de acadar o 7º posto na competición deportiva en idade de escolar de loitas olímpicas que se disputou este sábado no pavillón municipal de Vila de Cruces.
O equipo acadou o 1º posto da Final B da fase final na que se enfrontaban os clubes  galegos clasificados entre os postos 7º e 14º.
O club clasificado en primeiro lugar foi o Cidade de Vigo que dominou a competición ao ter o equipo máis numeroso.
As nosas escolas a pesares de contaren con preto de 50 nenos e nenas inscritos nas categorías de base participamos con apenas 10 deportistas na fase clasificatoria o que non nos deixou opción de participar na final A, destinada aos equipos máis numerosos.
Esta competición ten un obxectivo lúdico-didáctico no que prima a participación en lugar do resultado deportivo, temos que lembrar que algúns dos deportistas da nosa escola que participaron nas diferentes xornadas aínda non cumpriron os 4 anos. Nesta edición, como nas pasasdas, todos os nosos deportistas pasáronno moi ben manifestando as súas gañas de voltar a competir, sendo iste o noso principal obxectivo. A competición infantil mal interpretada pode ser moi perxudicial para os nenos e nenas que comezan a práctica deportiva.
O noso equipo estivo formado pol@s seguintes deportistas:
Laura Paz Feal (Xermade).
Uxía Gómez Ares (Xermade).
Sabela Gómez Ares (Xermade).
Xoel López Roibás (Xermade).
Hector García Somoza (Vilalba).
Nicolás Díaz González (Vilalba).
Antón Debasa Seoane (Vilalba).
Xiao Seoane Vázquez (Vilalba).
Ainara Cancelo Cabaleiro (Xermade).
Davíd González López (Xermade).
Draison Pérez Henández (Vilalba).
Andi Maceira Vilasuso (Vilalba).
Alonso Maceira Vilasuso (Vilalba).
Noraboa a todos e ánimo para seguir pasándoo ben coa práctica do deporte!

domingo, 1 de maio de 2016

YAGO LÓPEZ CAMPIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL XÓVENES PROMESAS DE MURCIA

O vilalbés Yago López acaba de proclamarse campión do Torneo Internacional de Xóvenes Promesas que se disputou onte á tarde no CAR Infanta Cristina de Murcia. Yago participou na categoría cadete na modalidade de libre olímpica menos de 100 kg, vencendo na final a Hades Santana, sendo este o único enfrontamento da categoría.
O tamén vilalbés Carlos Sarita Yobanni García acadou a prata en cadete menos de 58 kg, sendo esta unha categoría máis concurrida aínda que sin participación estranxeira. Carlos que perdeu na final ante Mario Alonso, venceu en semifinais ao tamén vilalbés Roberto Díaz Orosa que á postre acadou o cuarto posto fóra dos postos de podio.
Aínda que o torneo contou con pouco participación era unha proba para a preselección do equipo cadete que disputará os próximos campionatos de Europa de Suecia. Os tres vilalbeses, a pesares de seren os actuais campións de España da súa categoría terán que demostrar na concentración internacioal que hoxe comeza no CAR de Murcia que están preparados para loitar internacionalmente, algo complicado para Roberto e Carlos ao non impoñerse neste evento aos seus rivais máis directos, no caso de Yago a dificultade ven pola súa mocidade pois a pesares do seu dominio na categoría aínda é cadete de primeiro ano.
Noraboa a todos e ánimo para seguir traballando nesta liña!!
VER FOTOS PODIO