domingo, 24 de xullo de 2016

CAMPIONATO DE EUROPA CADETE


Remata a participación dos vilalbeses Carlos Yobanni García e Roberto Díaz Orosa no Campionato de Europa Cadete de Loitas Olímpicas clasificándose nos postos 28 e 21 respectivamente. Carlos en menos de 58 kg perdeu na rolda de clasificación por 7-0 ante o húngaro Zoltan Vilhem nunha categoría dominada polo ruso Ali Sheriev.

Roberto, que disputou a categoría de menos de 54 kg, caeu nun axustado combate ante o italiano Felici Matrullo por 6-3. Nesta categoría o ouro foi para o grego Georgios Pilidis.

Ningún dos vilalbese puido loitar polas medallas ao non acceder ás repescas, aínda así amosaron un bo nivel con combates moi igualados que nos fan pensar no bo camiño comezado hai uns anos coas nosas categorías de base.

O outro galego en Suecia, Rafael Álvarez tamén caeu en primeira rolda por superioridade técnica ante o armenio Davit Gevorvyan en menos de 69 kg. 

Pero o grande éxito da loita española e galega veu da man da loita feminia. Por un lado a loitadora do Keltoi de Vila de Cruces Judit Varela en menos de 65 kg que acadou un histórico 7º posto para Galicia. A galega venceu en primeira rolda á estonia Marta Pajula, caeu en oitavos ante a húngara Emese Elekes que á postre dominou a categoría, o que lle deu a Judit a posibilidade de entrar na repesca polas medellas. Aquí a galega venceu no primeiro combate á turca Fredyie Askoy caéndo no pase á loita polo bronce ante a ucraniana Anastasiya Lavrenchuk.

O mellor resultado acadouno a andaluza Ana Torres cun bronce.

Os vilalbeses voltarán a Vilalba esta semana onde tomarán uns días de descanso ata o 17 de agosto, data na que comezaremos a pretempada e analizaremos os erros e posibles melloras de cara a próxima tempada. Tempada na que agora Roberto, Carlos e varios dos deportistas de Vilalba e Rábade acompañarán a Ramón Monasterio na categoría júnior. En cadete, destacar o segundo ano na categoría de Yago López que tentará repetir título de campión de España e desputar o europeo cadete con posibilidades dun bo resultado.

Noraboa a todos e ánimo para seguir mellorando!

Ningún comentario: