domingo, 3 de xullo de 2016

CONCENTRACIÓN DE XÓVENES TALENTOS VILALBESES NO CGTD DE PONTEVEDRA


Esta semana rematou a primeira concentración de xóvenes talentos do CGTD de Pontevedra na que participaron varios loitadores vilalbeses. Esta concentración ten como principal obxectivo selecionar a aqueles loitadores galegos coas mellores aptitudes deportivas e académicas para seren becados como internos no centro de tecnificación deportiva de Pontevedra. Entre os seleccionados este ano atópase o vilalbés Rubén Fraga que tras acadar o primeiro posto no campionato galego escolar e aprobar todo en segundo da ESO poderá escoller agora entre continuar a estudar e adestrar en Vilalba ou concentrarse durante todo o ano nas instalacións do centro pontevedrés.
Actualmente no CGTD de Pontevedra atópanse estudando e adestrando os vilalbeses Carlos Sarita Yobanni e Roberto Díaz que entraron becados a pasada tempada tras acadar sendos campionatos de España cadetes. Os dous deportistas tamén participaron na concentración desta semana  co obxectivo de preparar a súa participación nos próximos campionatos de europa cadetes que se celebrarán a mediados de xullo en Estocolmo e na que participaremos grazas á axuda concedida pola Deputación de Lugo.
Na concentración pontevedresa tamén participou Yago López, que tras acadar tamén o campionato de España cadete foi solicitado polo técnicos da federación galega para axudar á preparación dos loitadores que preparan as súas citas internacionais.
Mañá comeza a segunda semana de concentración e Carlos, Roberto e Yago voltarán á cidade do Lérez para continuar a súa preparación. O 9 de xullo concentraranse no CAR do CSD de Madrid para ultimar a súa participación continental de Suecia.

Ningún comentario: