xoves, 14 de xullo de 2016

OS VILALBESES ROBERTO DÍAZ OROSA E CARLOS YOBANNI GARCÍA PREPARADOS PARA O EUROPEO CADETE


Xa está todo listo para que os nosos deportistas viaxen a Suecia onde se medirán aos mellores loitadores cadetes do continente. Roberto Díaz e Carlos Yobanni, que agora ultiman a súa preparación na concentración estatal do CAR de Madrid, viaxarán este domingo cara a capital sueca para desputar o seu primeiro campionato europeo de loita.
Os vilalbeses formarán parte do combinado que disputará o europeo do o 19 ao 24 de xullo e no que tamén estarán os galegos Rafael Álvarez (San Ignacio) e Judith Varela (Keltoi) ademáis do burgalés Mario Alonso e o valenciano Javier Andújar. 
Carlos terá medirase na categoría de menos de 58 kg o día 19 mentras que Roberto fará o mesmo na categoría de menos de 54 kg ao día seguinte.
A participación dos vilalbeses no europeo foi posible á axuda extraordinaria da Deputación de Lugo, institución que sempre se mantivo activa no desenrolo e fomento deste deporte na provincia e sen a cal sería moi difícil falar hoxe desta nova xeración de deportistas que nos próximos anos liderará a elite do deporte lucense. Tamén temos que agradecer a colaboración das federacións galega e española por facilitar a participación dos nosos deportistas en cocentracións e actividades preparatorias para chegar á cita na mellor forma física.
O noso adestrador e técnico do equipo español Nicolás Castro que se atopa adestrando á selección española no CAR de Madrid amósase ilusionado coa participación dos vilalbeses en Estocolmo e, a pesares de que será o seu primeiro continental e o campionato máis duro no que participaron ate o de agora, agarda que os nosos deportistas saberán manter o nivel ante calquera rival que lles puidese tocar.
Os afeccionados, familiares e amigos poderán seguir os combates dos nosos loitadores en streaming na páxina oficial do evento (http://www.huddingebk.se/).

Moita sorte a todos e ánimo, todos estamos moi orgullosos deste rápaces!

Ningún comentario: