domingo, 20 de novembro de 2016

JOSE CUBA OURO NO CAMPIONATO DO MEDITERRÁNEO

O vilalbés José Cuba acada o seu primeiro ouro no seu regreso á competición despois de 9 meses de parón tras a complicada lesión que sufriu no internacional Villa de París o pasado mes de xaneiro.
Aínda que gañou con certa soltura, o noso deportista manifestou
atoporse lonxe das sensacións que o acompañaban a pasada tempada cando estaba a medirse entre os mellores loitadores da categoría na puxa por acadar o pasaporte para os Xogos de Río.
Tras este primeiro resultado o noso deportista máis internacional comezará a preparar a principais citas da próxima tempada coa intención de voltar na mellor das formas á alta competición.
Xunto a Cuba tamén estiveron os vilalbeses Roberto Díaz e Carlos Yobanni García que participaron na categoría júnior en menos de 55 e 60 kg. Ningún
dos dous tivo moita sorte quedando fóra da loita polas medallas.
Roberto caeu en primeira rolda ante o maltés Giordimania e Carlos fixo o mesmo ante o actual campión de España da categoría, o asturiano Carlos Álvarez.
Temos que destacar que ambos loitadores son aínda cadetes e que foron convocados pola selección española júnior tras a boa tempada na que acadaron o campionato de España cadete e súa clasificación para os campionatos de Europa.
O outro lucense no campionato foi Nicolás López que acadou o quinto posto na categoría de 130kg na modalidade de grecorromana, tras caer en primeira rolda ante o grego Nicos Leon e na repesca ante o español Heredia.
Este torneo internacional é a mellor das maneiras de valorar a progresión dos nosos deportistas de cara as competicións do 2017.
VER MÁIS FOTOS

Ningún comentario: