domingo, 28 de xaneiro de 2018

VILALBA CAMPIONA GALEGA ABSOLUTA

O noso club proclamouse campión galego absoluto tanto en libre olímpica como en grecorromana nos campionatos galegos de loitas olímpicas que se celebraron onte no Pavillón Municipal Santa Isabel  de Santiago de Compostela mentras que tivemos que conformarnos co 4º e 5º posto respectivamente nas modalidades de grecorromana e libre olímpica da categoría cadete debido ao reducido equipo co que viaxamos.
O equipo estivo conformado por 8 deportistas da categoría sénior e 2 na categoría cadete coilletando todos eles medalla nas dúas modalidades.
Na categoría sénior temos que destacar os seguintes resultados:

  • Roberto Díaz Orosa, ouro en libre olímpica menos de 65 kg e grecorromana menos de 67 kg.
  • Adrián Imedio, ouro en libre olímpica en menos de 57 kg e en grecorromana en menos de 60 kg.
  • José Cuba Vázquez, ouros en libre olímpica en menos de 125 kg e en grecorromana en menos de 130 kg.
  • Jose Luis Puentes Seoane prata en libre olímpica en menos de 86 kg e ouro en grecorromana en menos de 87 kg.
  • Javier Rouco Rego, ouros en libre olímpica en menos de 97 kg e en grecorromana en menos de 96 kg.
  • Carlos Yobani García, ouro en libre olímpica en menos de 70 kg e bronce en grecorromana en menos de 72 kg.
  • Pablo Chao Durán bronce en libre olímpica en menos de 74 kg e prata en grecorromana en menos de 77 kg.
  • Francisco Monasterio Portela, prata en libre olímpica en menos de 125 kg e bronce en menos de 130 kg.
Na modalidade cadete destacar os ouros de Samuel García Miragaya en libre olímpica e grecorromana en menos de 51 kg e o as pratas de Rubén Fraga Cal en libre olímpica e grecorromana en menos de 70 kg.

Pola súa banda o Rábade tamén asinou unha magnífica actuación acadando o 3º posto por equipos na modalidade de libre feminina absoluta, e no cabe destacar os seguintes resultados:
  • Laura Arias, ouro en menos de 57 libre feminina.
  • Gergana Dimitrova, prata en menos de 68 kg libre feminina.
  • Jonathan Pernas, bronces en libre olímpica menso de 74 kg e grecorromana menos de 77 kg.
  • Martín Vázquez, ouro en libre olímpica en menos de 92 kg e prata en grecorromana en menos de 97 kg.
O Lugo como 3º club da provincia tamén tivo unha destacada actuación acadando o 3º posto por equipos na modalidade de grecorromana categoría absoluta. Destacaron por este club a prata de Nicolás López en grecorromana menos de 130 kg e a prata de Clemente Alves en menos de 65 kg.

Deste xeito, a nosa provincia terá unha ampla representación nos próximos campionatos de España que se celebrarán en Murcia o próximo 10 febreiro.


Ningún comentario: