sábado, 24 de febreiro de 2018

PLENO DE OUROS NOS GALEGOS JÚNIOR E ESCOLAR

Acábanse de celebrar no pavillón municipal de Teis en Vigo os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías escolar e júnior onde os loitadores da nosa provincia capitaneados nesta ocasión por Iván Paredes e Nicolás Castro acadaron casi un pleno de ouros dominando as súas respectivas categorías.
Así o Vilalba e o Rábade foron os máis destacados acadando o primeiro un bronce en libre olímpica júnior na clasificación por clubs e otro bronce o Rábade na modalidade de libre feminina júnior.
Destacar que todos os loitadores de ambos clubs gañaron as súas respectivas categorías clasificándose directamente para os próximos campionatos de España que terán lugar en Pontevedra o próximo 10 de marzo, somentes Antón Leivas do Club Lugo non acadou o ouro gañando aínda así un bronce na categoría escolar en menos de 44 kg, Laura Arias coa súa prata en menos de 47 kg en Gergana Dimitrova tamén do Rábde con outra prata en menos de 65 kg, acadándose deste xeito un 100% de medallas para a representación lucense nos campionatos galegos.
Por parte dos loitadores da provincia os resultados foron os seguintes:
En categoría Escolar:
  • Samuel García Miragaya (Vilalba): ouro en libre e ouro en grecorromana en menos de 52 kg.
  • Martín Pena Lama (Vilalba): ouro en libre e ouro en grecorromana en menos de 85 kg.
  • Antón Leivas (Lugo): bronce en libre olímpica.
En categoría júnior:
  • Roberto Díaz Orosa (Vilalba): Ouro en libre olímpica menos de 65 kg e ouro en grecorromana en menos de 67 kg.
  • Carlos Yobani García (Vilalba): Ouros en libre olímpica en menos de 70 kg e prata en grecorromana en menos de 72 kg.
  • Jonathan Pernas (Rábade): ouro en libre olímpica en 79 kg e ouro en grecorromana en menos de 82 kg.
  • Laura Arias prata en menos de 47 kg en libre feminina
  • Gergana Dimitrova: prata en e menos de 65 kg.
Agora toca poner a punto a nosa preparación de cara aos próximos campionatos de España júnior que terán lugar en dúas semanas na capital do Lérez no que tentaremos traer para a provincia varias medallas de ouro.
Noraboa  todos e ánimo para o próximo campeonato de España.
 

domingo, 11 de febreiro de 2018

DE NOVO NO PODIO ESPAÑOL NA MAXIMA CATEGORIA

O noso club ven de proclamarse 3º de España na clasificación por clubs nos Campionatos de España Sénior que se celebraron onte en Murcia e nos que a provincia tivo unha forte presencia no combinado galego.
En libre olímpica masculina a maioráia das medallas galegas tiveron sabor vilalbés, destacando o único ouro galego en libre masculina acadado por José Cuba en menos de 125 kg, e xa son con esta 14 as veces que o vilalbés acada o título estatal da máxima categoría, unha proeza única no noso deporte e que agardamos que continúe a ensanchar nos próximos anos.
Temos que destacar tamén a participación por suposto de Adrián Imedio en menos de 57 kg que alcanzou unha prata e a de Jose Luís Puentes en menos de 92 kg que regresou cun bronce. Adrián, deportista do UDC de A Coruña combina a práctica da loita co Iudo e o Sambo acadando en tódalas modalidades resultados destacados a nivel español e internacional. Pola súa banda, Jose Luis regresou á competición despois de varios anos retirado, e nos que xa como adestrador do Vilalba decidiu animar a varios loitadores veteranos a competir nesta tempada, entre eles Javier Rouco e Pablo Chao que tras gañar os pasados campionatos galegos gañaron a súa praza para os estatais en menos de 96 kg e menos de 74 kg respectivamente. O esforzo deste eternos loitadores trouxo para Vilalba un bronce de Puentes, un  5º posto de Rouco e un 7º posto de Chao que xunto ao 5º posto acadado polo aínda júnior Carlos Yobani en menos de 65 kg serviron para que Vilalba voltase a subir ao podio entre os mellores clubs españoles da máxima categoría.
Por parte dos deportistas do Rábade, temos que destacar a boa participación de Laura Arias en menos de 57 kg e Gergana Dimitrova en menos de 65 kg en loita feminina que aínda de non subir ao podio tiveron posibilidades de loitar polo bronce, metal que se lles escapou no último momento tendo que conformarse con sendos quintos postos. O tamén rabadense Martín Vázquez en menos de 92 kg non tivo bo sorteo o que lle deixou fóra da loita polos postos de podio, aínda asía amosou a grande progresión que os deportistas de Marcos Carral veñen demostrando nas últimas tempadas.
A participación lucense culmina coa prata de Nicolás López do Club Lugo na modalidade de grecorromana en menos de 130 kg e o 7º posto de Clemente Alves en menos de 61 kg.
Noraboa a todos e agora uns a preparar o júnior, Cuba os internacionais e o resto  a axudar, pois si ben este é un deporte individual sen equipo non somos ninguén!
VER MÁIS FOTOS