domingo, 11 de febreiro de 2018

DE NOVO NO PODIO ESPAÑOL NA MAXIMA CATEGORIA

O noso club ven de proclamarse 3º de España na clasificación por clubs nos Campionatos de España Sénior que se celebraron onte en Murcia e nos que a provincia tivo unha forte presencia no combinado galego.
En libre olímpica masculina a maioráia das medallas galegas tiveron sabor vilalbés, destacando o único ouro galego en libre masculina acadado por José Cuba en menos de 125 kg, e xa son con esta 14 as veces que o vilalbés acada o título estatal da máxima categoría, unha proeza única no noso deporte e que agardamos que continúe a ensanchar nos próximos anos.
Temos que destacar tamén a participación por suposto de Adrián Imedio en menos de 57 kg que alcanzou unha prata e a de Jose Luís Puentes en menos de 92 kg que regresou cun bronce. Adrián, deportista do UDC de A Coruña combina a práctica da loita co Iudo e o Sambo acadando en tódalas modalidades resultados destacados a nivel español e internacional. Pola súa banda, Jose Luis regresou á competición despois de varios anos retirado, e nos que xa como adestrador do Vilalba decidiu animar a varios loitadores veteranos a competir nesta tempada, entre eles Javier Rouco e Pablo Chao que tras gañar os pasados campionatos galegos gañaron a súa praza para os estatais en menos de 96 kg e menos de 74 kg respectivamente. O esforzo deste eternos loitadores trouxo para Vilalba un bronce de Puentes, un  5º posto de Rouco e un 7º posto de Chao que xunto ao 5º posto acadado polo aínda júnior Carlos Yobani en menos de 65 kg serviron para que Vilalba voltase a subir ao podio entre os mellores clubs españoles da máxima categoría.
Por parte dos deportistas do Rábade, temos que destacar a boa participación de Laura Arias en menos de 57 kg e Gergana Dimitrova en menos de 65 kg en loita feminina que aínda de non subir ao podio tiveron posibilidades de loitar polo bronce, metal que se lles escapou no último momento tendo que conformarse con sendos quintos postos. O tamén rabadense Martín Vázquez en menos de 92 kg non tivo bo sorteo o que lle deixou fóra da loita polos postos de podio, aínda asía amosou a grande progresión que os deportistas de Marcos Carral veñen demostrando nas últimas tempadas.
A participación lucense culmina coa prata de Nicolás López do Club Lugo na modalidade de grecorromana en menos de 130 kg e o 7º posto de Clemente Alves en menos de 61 kg.
Noraboa a todos e agora uns a preparar o júnior, Cuba os internacionais e o resto  a axudar, pois si ben este é un deporte individual sen equipo non somos ninguén!
VER MÁIS FOTOS

Ningún comentario: