domingo, 18 de marzo de 2018

2 PRATAS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA ESCOLAR E CADETE

Vilalba ven de acadar dúas pratas nos Campionatos de España Escolar que se ven de celebrar onte pola mañá no Pavillón Municipal de Pontevedra e no tivemos a representación de Samuel García Miragaya en menos de 52 kg de Martín Pena Lamas en menos de d 85 kg, ámbolos dous na modalidade de libre olímpica.
Samuel comezou a xornada amosando unha clara superioridade na súa categoría gañando os primeiros enfrontamentos por superioridade técnica, cedendo só na final nun axustado combate que acabou por decantarse en favor do representante andaluz. O vilalbés deu mostras dunha clara progresión deportiva froito dos seus adestramentos diarios como becado no CGTD de Pontevedra.
Martín, que disputou unha categoría menos concorrida, chegou á final tras vencer con facilidade os dous primeiros combates caendo ante o representate de Madrid por superioridade técnica na loita polo ouro.
Na categoría cadete representounos Rubén Fraga Cal en menos de 71 kg o cal accedeu á repesca tras caer ante o representante andaluz tamén por superioridade técnica. Xa na loita polas preseas venceu o seu primeiro combate con facilidade pero non foi quen de superar ao representante galego que se impuxo na disputa polo bronce. Acada así Rubén un meritorio 5º posto  no seu primeiro ano de cadete.
Noraboa a todos e ánimo para seguir mellorando!
VER MÁIS FOTOS

sábado, 10 de marzo de 2018

CARLOS YOBANI GARCÍA CAMPIÓN DE ESPAÑA JÚNIOR

O vilalbés Carlos Yobani García acaba de acadar o ansiado título de Campión de España no estatal que se celebrou hoxe no Palació dos Deportes de Xixón. Carlos alcanzou o tan ansiado ouro na categoría de menos de 65 kg vencendo todos os seus combates por superioridade técnica ou tocado antes do tempo regulamentario e sen ceder ningún punto, mostra da motivación coa que xoven loitador chegaba á primeira cita importante do ano.
Roberto Díaz Orosa, tamén do Vilalba, tivo que conformarse cun meritorio bronce en menos de 61 kg tras caer no pase á final ante o andaluz Andrés Vizcaíno. Roberto gañou todos os combates agás o pase á final, no que non tivo moitas oportunidades ante o campión da categoría debido á falla de adestramento desta tempada pola dificultade compaxinar os estudos de cos adestramentos.
Do Club de Rábade temos que destacar o  bronce de Laura Arias en libre feminina menos de 57 kg, que logrou impoñerse na respesca a sumar outra medalla estatal feminina para o club lucense. Jonathan Pernas, tamén do Rábade non tivo moita sorte quedando fóra da loita polas medallas na categoría de menos de 79 kg.
O ouro de Carlos non foi o único para o equipo galego, xunto a Carlos subiron ao máis alto do podio Rafael Álvarez (San Ignacio de Vigo) en menos de 70 kg, Omar Rodríguez (Sabarís de Baiona) en menos de 74 kg, Daniel Espinosa (Cidade de Vigo) en menos de 97 kg e Aron Ayude (Ayude de Melide) en menos de 125 kg, todos eles en libre masculina e Nerea Pampín (Keltoi de Vila de Cruces) en menos de 65 kg.
Agora Carlos tentará facer o mesmo nos próximos campionatos de España da categoría Sub23 e tentar a clasificación para os europeos e mundiais da categoría.
Noraboa a todos e ánimo!
VER MÁIS FOTOS

luns, 5 de marzo de 2018

CARLOS YOBANI CONVOCADO COA SELECCIÓN ABSOLUTA

O vilalbés Carlos Yobani García ven de rematar a concentración coa Selección Española Absoluta que se convocou a semana pasada de cara a preparar o Torneo Internacional Dan Kolov de Bulgaria como proba clasificatoria a nivel interno para o Europeo de 2018.
Carlos que áínda e júnior de segundo ano acudiu a Madrid convocado polos seleccionadores absolutos que ven nel o potencial necesario para garantir o relevo das actuáis primeiras espadas absolutas de cara un futuro próximo.
Esta semana Carlos retomará os adestramentos en Vilalba co obxetivo de preparar os próximos campionatos de España júnior que Terán lugar o próximo 10 de marzo en Xixón e nos que tamén loitará o vilalbés Roberto Díaz Orosa en menos de 61 kg.
 

VILALBA-XERMADE SEGUNDO NA XORNADA NORTE DE DEPORTE ESCOLAR

O equipo do Club de Loita Vilalba composto polas escolas deportivas de Vilalba e Xermade ven de acadar  segundo posto da Xornada Norte de Deporte Escolar de Loitas Olímpicas correspondente ao programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, e que se celebrou este sábado na Casa do Deporte de Lugo. O Vilalba foi o mellor equipo clasificado da provincia con 82 puntos mentras que a escola de Lugo acadou o sexto posto con 34 puntos. O primeiro clasificado foi o Keltoi de Vila de Cruces con 110 puntos, e xunto co Vilalba e o Ayude de Melide, que quedou terceiro, clasificáronse para a Final A da Liga de Deporte Escolar que terá lugar o próximo 19 de maio en Vila de Cruces (Pontevedra). Na final A participaran as 6 escolas galegas que máis puntos acadasen nas fases territoriais podendo clasificarse así para o Campionato de España de Escolas Deportivas.
O equipo vilalbés acudiu cunha pequena representación das súas escolas composto por 14 deportistas e estivo dirixido por Jose Luís Puentes como técnico das categorías base e o apoio de Ramón Monasterio. Os deportistas participantes foron:
  1. Lois Currás Penas.
  2. Xoel Codesal Díaz.
  3. Lucas Fernández Prado.
  4. Noa Hormeño Carballeira (Xermade).
  5. Mateo Cupeiro López.
  6. Alonso Maceira Vilasuso.
  7. Héctor Somoza García.
  8. Andrés Maceira Vilasuso.
  9. Uxía Gómez Ares (Xermade).
  10. Kevin Cuba Goás.
  11. Ainara Canceiro Cabaleiro (Xermade).
  12. Laura Paz Feal (Xermade).
  13. Nicolás González Díaz.
  14. Xiao Seoane Vázquez.

Noraboa a todos e ánimo para a seguinte!