domingo, 18 de marzo de 2018

2 PRATAS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA ESCOLAR E CADETE

Vilalba ven de acadar dúas pratas nos Campionatos de España Escolar que se ven de celebrar onte pola mañá no Pavillón Municipal de Pontevedra e no tivemos a representación de Samuel García Miragaya en menos de 52 kg de Martín Pena Lamas en menos de d 85 kg, ámbolos dous na modalidade de libre olímpica.
Samuel comezou a xornada amosando unha clara superioridade na súa categoría gañando os primeiros enfrontamentos por superioridade técnica, cedendo só na final nun axustado combate que acabou por decantarse en favor do representante andaluz. O vilalbés deu mostras dunha clara progresión deportiva froito dos seus adestramentos diarios como becado no CGTD de Pontevedra.
Martín, que disputou unha categoría menos concorrida, chegou á final tras vencer con facilidade os dous primeiros combates caendo ante o representate de Madrid por superioridade técnica na loita polo ouro.
Na categoría cadete representounos Rubén Fraga Cal en menos de 71 kg o cal accedeu á repesca tras caer ante o representante andaluz tamén por superioridade técnica. Xa na loita polas preseas venceu o seu primeiro combate con facilidade pero non foi quen de superar ao representante galego que se impuxo na disputa polo bronce. Acada así Rubén un meritorio 5º posto  no seu primeiro ano de cadete.
Noraboa a todos e ánimo para seguir mellorando!
VER MÁIS FOTOS

Ningún comentario: