sábado, 10 de marzo de 2018

CARLOS YOBANI GARCÍA CAMPIÓN DE ESPAÑA JÚNIOR

O vilalbés Carlos Yobani García acaba de acadar o ansiado título de Campión de España no estatal que se celebrou hoxe no Palació dos Deportes de Xixón. Carlos alcanzou o tan ansiado ouro na categoría de menos de 65 kg vencendo todos os seus combates por superioridade técnica ou tocado antes do tempo regulamentario e sen ceder ningún punto, mostra da motivación coa que xoven loitador chegaba á primeira cita importante do ano.
Roberto Díaz Orosa, tamén do Vilalba, tivo que conformarse cun meritorio bronce en menos de 61 kg tras caer no pase á final ante o andaluz Andrés Vizcaíno. Roberto gañou todos os combates agás o pase á final, no que non tivo moitas oportunidades ante o campión da categoría debido á falla de adestramento desta tempada pola dificultade compaxinar os estudos de cos adestramentos.
Do Club de Rábade temos que destacar o  bronce de Laura Arias en libre feminina menos de 57 kg, que logrou impoñerse na respesca a sumar outra medalla estatal feminina para o club lucense. Jonathan Pernas, tamén do Rábade non tivo moita sorte quedando fóra da loita polas medallas na categoría de menos de 79 kg.
O ouro de Carlos non foi o único para o equipo galego, xunto a Carlos subiron ao máis alto do podio Rafael Álvarez (San Ignacio de Vigo) en menos de 70 kg, Omar Rodríguez (Sabarís de Baiona) en menos de 74 kg, Daniel Espinosa (Cidade de Vigo) en menos de 97 kg e Aron Ayude (Ayude de Melide) en menos de 125 kg, todos eles en libre masculina e Nerea Pampín (Keltoi de Vila de Cruces) en menos de 65 kg.
Agora Carlos tentará facer o mesmo nos próximos campionatos de España da categoría Sub23 e tentar a clasificación para os europeos e mundiais da categoría.
Noraboa a todos e ánimo!
VER MÁIS FOTOS

Ningún comentario: