domingo, 15 de abril de 2018

CARLOS YOBANI GARCÍA GAÑA O TORNEO INTERNACIONAL DE LA NUCIA

O vilalbés Carlos Yobani García acaba de gañar o Torneo Internacional de Jóvenes Promesas de La Nucia que celebrou hoxe a categoría júnior na localidade alicantina. Pola súa banda, Roberto Díaz acadou a prata en menos de 60 kg tras caer na final ante o andalúz Andrés Vizcaíno co que xa perdera o seu enfrontamento nos pasados campionatos España. Estas medallas súmanse ao bronce acadado por Samuel Miragaya na categoría cadete desputada onte.
Esta é a primeira cita internacional para os nosos deportistas é pasaba por ser fundamental para os júnior, pois resulta unha proba importante para os posibles seleccionables para europeos e mundiais. Deste xeito Carlos afianza a súa posición como un dos favoritos para representar a España nos próximos europeos júnior e incluso Sub23.
Co obxectivo de continuar a súa selección para as próximas citas internacionais, Carlos permanecerá concentrado esta semana coa selección española no CAR Infanta Cristina de Murcia, despois disto o vilalbés regresará a Vilalba para preparar os próximos campionatos e rematar de recuperarse da lesión de xeonllo producida hai dúas semanas.
Noraboa a todos e a seguir traballando.

Ningún comentario: