domingo, 6 de maio de 2018

CUBA REMATA NO EUROPEO DE KASPIYSK

O vilalbés José Cuba remata en 8º posición no europeo de Kaspiysk depois de rozar un dos seus mellores resultados nun europeo.
O vilalbés perdeu ante o polaco e subcampión de Europa no 2016 Robert Baran tras pasar a primeira rolda nun combate que parecía decantarse para o noso. Cuba comezou gañando tras unha efectiva defensa ante os ataques do que a priori partía como favorito,  e incluso o tivo para tocado de espaldas en dúas ocasión polo que puido gañar o enfrontamento de maneira directa, pero un claro erro arbitral, ao noso erro, e a intensidade de Baran puxeron o combate nas mans do polaco que se alzou coa victoria por 11-4.
Aquí rematou a participación de Cuba pois na seguinte rolda o polaco caeu ante o actual campión mundial, o georgiando Petriashvili, deixando sen posibilidades de repesca na loita polo bronce a Cuba. Un bronce que acadaría de gañar contra o autriaco Ludescher, a priori asequible para o vilalbés e que rematou por levarse o propio Robert Baran.
A categoría a final a domiñou o actual campión olímpico Taha Akgul de Turquía.
Do equipo español  o mellor resultado foi o do balear Levan Metrivelli que acadou o 5º posto tras perder o bronce ante o representante serbio.
Non houba moita sorte pero estamos contentos co nivel amosado e actitude do noso deportista durante o enfrontamento.
Agora queda preparar as próximas citas internacionais, comezando polo internacional de Sassari (Italia) a finais de maio.
Noraboa a todos e ánimo que estamos no bo camiño!

Ningún comentario: